O patrimonio cultural inmaterial | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

O patrimonio cultural inmaterial

Descrición Vídeo divulgativo (1´ 43´´) elaborado por Ronsel de Ideas no marco da presentación da iniciativa Ponte... nas Ondas! (PNO) á lista de Mellores Prácticas da UNESCO, no que nos explican que é o patrimonio cultural inmaterial.

A peza forma parte da serie “25 Pontes”, onde atoparás pílulas audiovisuais relacionadas cos diferentes elementos do patrimonio cultural inmaterial galego-portugués (Entroido, lendas, refráns, contos, recitados, magosto, regueifas, xogos tradicionais, danza, vendima, fiadeiros, oficios tradicionais…).
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
1 minuto e 43 segundos
Entidades
Creación: Ponte nas Ondas
Creación: Ronsel de Ideas