Células de convección atmosférica | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Células de convección atmosférica

Jorge Gutiérrez (autoría) · Xacobo de Toro (autoría)
Descrición A radiación solar non incide de igual xeito sobre as diferentes zonas do planeta, o que ocasiona que unhas zonas da Terra se quenten máis ca outras e á súa vez provoquen un quecemento desigual da atmosfera. Neste vídeo didáctico (2´ 49´´) explícannos como estas diferenzas de temperatura, xunto coa rotación da Terra, son o motor que move as masas de aire atmosféricas, contribuíndo á redistribución do calor no planeta.Tamén descubrirás cales son as tres principais células da circulación atmosférica que hai en cada hemisferio terrestre.

A peza, elaborada polos profesores de secundaria Xacobo de Toro e Jorge Gutiérrez, está dirixida a alumnado de ESO e bacharelato.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
2 minutos e 49 segundos