As nupcias de Vilasantar | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

As nupcias de Vilasantar

Descrición Neste vídeo divulgativo (5´ 19´´) o Arquivo do Reino de Galicia cóntanos, a través da documentación histórica que custodia, cal era a lexislación vixente sobre a celebración de vodas no Reino de Galicia durante o século XVI e que lle aconteceu aos mozos Jácome da Graña e María Rodríguez durante a celebración das súas nupcias en Vilasantar.

A peza forma parte da serie divulgativa en formato podcast Segredos do Arquivo, que ten como obxectivo divulgar e poñer en valor o inmenso tesouro documental que posúe o Arquivo do Reino de Galicia.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
5 minutos e 19 segundos
Entidades
Creación: Arquivo do Reino de Galicia
Etiquetas