Regueifar polo mundo, que bonito é... | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Regueifar polo mundo, que bonito é...

A Rabela (autoría) · Olalla Liñares (autoría)
Descrición Obradoiro práctico (13´ 47´´) no que Olalla Liñares e A Rabela fan un percorrido por diferentes lugares do mundo (nomeadamente aqueles que forman parte da lusofonía, mais tamén outros de América Latina) nos que se conservan prácticas de improvisación oral similares á regueifa.

Esta peza, dirixida a alumnado de ensino medio, forma parte dos vídeos formativos da edición do ano 2021 do proxecto Enreguéifate, promovido polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
13 minutos e 47 segundos
Entidades
Creación: Concello de Pontevedra
Creación: Concello de Santiago de Compostela
Creación: Concello de Ames
Creación: Concello de Teo
Creación: Concello de Rianxo