Asteroides e meteoritos: o evento de Traspena | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Asteroides e meteoritos: o evento de Traspena

Descrición O 18 de xaneiro de 2021 un asteroide de case 3 toneladas chocou contra a atmosfera terrestre a velocidade hipersónica preto da cidade de Lugo. O estudo científico deste evento astronómico, realizado fundamentalmente no Campus Terra da USC, permitiu recuperar o meteorito ao que deu lugar, o “meteorito de Traspena” (o primeiro do que temos constancia en Galicia), e mesmo determinar a súa órbita arredor do Sol antes do impacto. O meteorito pódese contemplar actualmente no Museo de Historia Natural da USC.

Nesta charla didáctica (56´), dirixida a alumnado de secundaria, Manuel Andrade Baliño, profesor de Astronomía e Astrofísica na USC, fálanos dos asteroides e do potencial risco de impacto contra a Terra, e máis concretamente do evento de Traspena.

A charla tivo lugar o 5 de decembro de 2024 con motivo da conmemoración do Día da Ciencia en Galego, organizada por Igaciencia.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
56 minutos
Entidades
Creación: Institución Galega da Ciencia (Igaciencia)
Etiquetas