Os ordenadores cuánticos non son como cres: son mellores | Vídeo. Remoto. Youtube, TED | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube, TED

Os ordenadores cuánticos non son como cres: son mellores

Hartmut Neven (autoría)
Descrición Neste vídeo de TED (11´ 39¨) o informático alemán Hartmut Neven, fundador e director de Google Quantum AI, fálanos da computación cuántica e de como os ordenadores cuánticos substitúen a lóxica binaria (pola que se rexen os ordenadores actuais) polas leis da física cuántica, o que lles permite realizar operacións máis potentes e cálculos máis rápidos. Descubre nesta charla inspiradora como no futuro a computación cuántica pode axudar a resolver problemas médicos, enerxéticos ou tecnolóxicos que hoxe parecen irresolubles.

Tradución ao galego de Victoria Méndez.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube, TED
Medidas
11 minutos e 39 segundos
Etiquetas