O gato de Schrödinger: un experimento mental da mecánica cuántica / Vídeo. Remoto. Youtube, TED/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxector

Material

Proxector
Física cuántica: o enigmático mundo do pequeno

O gato de Schrödinger: un experimento mental da mecánica cuántica

Descrición
Imaxinas poder ter o "superpoder" de estar en dous lugares ao mesmo tempo? Pois no nivel subatómico (campo de estudo da física cuántica) unha partícula podería estar en varios estados, ou lugares, ao mesmo tempo ata que alguén a observa. En 1935 o físico Erwin Schrödinger tratou de explicalo imaxinando unha historia protagonizada por un gato.
Neste vídeo de TED (4´ 37´´) Chad Ozel cóntanos a historia do famoso gato de Schrödinger e axúdanos a comprender un dos principios fundamentais da mecánica cuántica: a superposición.

Tradución ao galego de Xusto Rodríguez Río.
Metadatos
  • Tipo de material: Vídeo. Remoto. Youtube, TED
  • Medidas: 4 minutos e 37 segundos
  • Etiquetas: