Que é o principio de incerteza de Heisenberg? | Vídeo. Remoto. Youtube, TED | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube, TED

Que é o principio de incerteza de Heisenberg?

Chad Orzel (autoría)
Descrición O “principio de incerteza” foi formulado en 1927 polo físico alemán, gañador dun Premio Nobel, Werner Heisenberg e baséase nunha característica esencial do mundo subatómico: a incerteza. É un dos poucos conceptos da física cuántica que se estendeu á cultura popular e nel baseáronse moitas das grandes innovacións tecnolóxicas.
Neste vídeo didáctico de TED (4´ 43´´) o físico Chad Orzel axúdanos a entender por que, segundo a mecánica cuántica, non se poden coñecer á vez a posición exacta e a velocidade exacta dun obxecto.

Tradución ao galego de Xusto Rodríguez Río.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube, TED
Medidas
4 minutos e 43 segundos
Etiquetas