Números irracionais na natureza | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Números irracionais na natureza

Descrición Os números irracionais son aqueles que non podemos expresar como unha fracción de números enteiros, e a súa representación decimal é infinita e non periódica. Algúns exemplos son o número Pi, o número de Euler ou a proporción áurea. Neste vídeo divulgativo (5´ 17´´) a profesora Mª Cristina Vilas Taboada responde á pregunta de Ana Calaza e explícanos por que aparecen os números irracionais na natureza e na nosa vida cotiá.

Esta peza forma parte da serie audiovisual “Consultorio VídeoMatemático”, unha iniciativa do CITMAga que ten como obxectivo achegar o coñecemento matemático á cidadanía.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
5 minutos e 17 segundos
Entidades
Creación: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga)
Etiquetas