Como inflúe a Lei d´Hondt nos resultados electorais? | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Como inflúe a Lei d´Hondt nos resultados electorais?

Elena Martín (autoría)
Descrición O método d’Hondt é unha fórmula que debe o seu nome ao matemático belga Victor D'Hondt, empregada no ámbito electoral para converter os votos en escanos. Socialmente existe a crenza de que esta fórmula é inxusta, pois favorece aos partidos grandes fronte aos pequenos.

Isabel Diz, profesora no Departamento de Ciencia Política e Socioloxía da USC, explícanos neste vídeo divulgativo (5´ 25´´) como funciona a lei d’Hondt, aclarándonos que o motivo de que existan realmente certos desequilibrios na representación dos diferentes partidos non se debe ao método electoral empregado, senón a outros elementos que forman parte do sistema.

A reportaxe é autoría de Elena Martín e forma parte da serie #DesmontadoMitos de GCiencia.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
5 minutos e 25 segundos
Entidades
Creación: Gciencia