Podemos viaxar a unha velocidade superior á da luz? | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Podemos viaxar a unha velocidade superior á da luz?

Descrición Imos imaxinar que unha nave espacial está viaxando á velocidade da luz (300.000 km/s) e unha astronaouta comeza a correr extremadamente rápido dentro da nave (5 km/s). Desde a perspectiva de alguén que o estivese observando desde a Terra, podería dicirse que ambas velocidades se suman e que a astronauta está viaxando a unha velocidade superior á da luz. Neste vídeo divulgativo (6´ 54´´) Diego Mojón Álvarez, investigador predoutoral da Universidade de Santiago de Compostela (USC), dános a resposta, apoiando as súas explicacións na Teoría da Relatividade.

Esta peza forma parte da serie audiovisual “Consultorio VídeoMatemático”, unha iniciativa do CITMAga que ten como obxectivo achegar o coñecemento matemático á cidadanía.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
6 minutos e 54 segundos
Entidades
Creación: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga)
Etiquetas