Un novo salvavidas para os arrecifes de coral do mundo / Vídeo. Remoto. Youtube, TED/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxector

Material

Proxector

Un novo salvavidas para os arrecifes de coral do mundo

Descrición
Os arrecifes de coral son os ecosistemas con maior biodiversidade do planeta pero son moi sensibles ao quecemento dos océanos, polo que, se non se toman medidas con urxencia, o 90% destes arrecifes poderían morrer nos próximos 25 anos. Nesta charla de TED (8´ 38´´), Theresa Fyffe, da Fundación Gran Barreira de Coral, fálanos da tecnoloxía que desenvolveron nos últimos cinco anos 350 científicos/as e enxeñeiros/as de Australia para restaurar os arrecifes de forma rápida e barata, baseada no coñecemento científico e tamén na sabiduría das comunidades indíxenas.

A tradución ao galego é de Ana Marino Fernández, e recibiu o segundo premio do certame #traduceTED 2025, convocado polo Servizo de Normalización Lingüística da USC.
Metadatos
  • Tipo de material: Vídeo. Remoto. Youtube, TED
  • Medidas: 8 minutos e 38 segundos
  • Etiquetas: