Investigamos en nanografenos | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Investigamos en nanografenos

Descrición Os nanografenos son pequenos fragmentos de grafeno, formados por aneis de carbono a escala nanométrica, que grazas ás súas propiedades excepcionais son fundamentais no desenvolvemento da electrónica molecular e da espintrónica. Dolores Pérez Meirás, investigadora no CiQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares), fálanos nesta charla (3´ 17´´) do traballo que están a desenvolver no CiQUS centrado no desenvolvemento de metodoloxías de creación de nanografenos; unha liña de investigación con aplicacións no ámbito da ciencia de materiais, da aromaticidade e mesmo da astrofísica.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
3 minutos e 17 segundos
Entidades
Creación: Universidade de Santiago de Compostela
Creación: CiQUS - Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares
Etiquetas