Cos paxaros na cabeza: "coro do mencer" e hibridación | Ligazón | Consello da Cultura Galega
Ligazón

Cos paxaros na cabeza: "coro do mencer" e hibridación

Ignacio Munilla (autoría) · Manuel Vicente (autoría)
Descrición Neste fragmento (18´ 46´´) de Efervesciencia, programa de divulgación científica da Radio Galega, o ornitólogo Nacho Munilla cóntanos que, durante unha eclipse, os paxaros cambian de comportamento e activan “o coro do mencer”. Este fenómeno quedou documentado en dous traballos publicados en Nature e Science, nos que estudaron este comportamento durante a eclipse do 8 de abril de 2024 en Estados Unidos. Tamén nos fala dun feito abraiante: a hibridación entre dous xéneros de paxaros separados hai 7 millóns de anos.
Especiais
Tipo de material
Ligazón
Medidas
18 minutos e 46 segundos
Entidades
Creación: Universidade de Santiago de Compostela
Creación: Radio Galega
Etiquetas