Bravú XXX | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Bravú XXX

Descrición Documental (55´ 41´´) no que, da man de Xurxo Souto, coñecemos os principais fitos e os referentes do "rock bravú", un movemento musical que a mediados dos anos 90 revolucionou a escena musical galega cun rock cantado en galego, inspirado na cultura popular e acompañado de guitarras eléctricas. Grupos como Os Diplomáticos de Monte Alto, Os Rastreros, Skornabois, Os Impresentables, Os Papaqueixos ou O Caimán do Río Tea, foron algúns dos protagonistas da época.

O filme foi realizado por Nós Televisión en 2024, coa dirección de Ana Viqueira, Diego Frey, Martín Rodríguez e Roi Barros, e con guión de Xurxo Souto e Ana Viqueira.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
55 minutos e 41 segundos
Entidades
Creación: Nós Televisión