Vídeos
A cultura lúdica e musical a través do xogo tradicional - Parte 3
Vídeo didáctico (13´ 38´´) no que David Canoura, membro da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, nos fala dos aspectos musicais vinculados ao xogo tradicional, así coma das características dos xoguetes musicais e do repertorio de cancións infantís con xogo (ou xogos cantados). O recurso forma parte do proxecto "A cultura lúdica e musical a través do xogo tradicional", elaborado por diferentes docentes das áreas de Didáctica da Expresión Corporal e Didáctica da Expresión Musical da USC, co obxectivo de poñer á disposición do alumnado dos graos en Mestre de Educación Primaria e Mestre de Educación Infantil unha serie de pezas audiovisuais que lles permitan de forma autónoma introducirse no coñecemento do patrimonio cultural galego a través do xogo tradicional, atendendo fundamentalmente a dous aspectos: o lúdico e o musical.
Outros vídeos da mesma serie.
Outros vídeos da mesma serie.
A foliada como Ben de Interese Cultural
A foliada é unha manifestación musical, festiva e popular específica de Galicia na que se producen simultaneamente o canto, o baile e a práctica instrumental da música tradicional galega. O antropólogo Rafael Quintía expón nesta charla divulgativa (50´ 11´´) en que consistiu o traballo de elaboración do informe para o recoñecemento desta manifestación do noso patrimonio cultural inmaterial como Ben de Interese Cultural (BIC).
A charla tivo lugar en outubro de 2023, no marco das Xornadas do baile comunal, O serán desta aldea... Aboal, organizadas pola Asociación de Gaiteiros Galegos.
A charla tivo lugar en outubro de 2023, no marco das Xornadas do baile comunal, O serán desta aldea... Aboal, organizadas pola Asociación de Gaiteiros Galegos.
A música e o Camiño: a gaita
Charla-concerto de carácter didáctico (49´ 45´´), impartida o 20 de febreiro de 2021 na Cidade da Cultura, na que Pablo Carpintero e Rosa Sánchez fan un percorrido polas gaitas de fol existentes en diferentes lugares do noroeste da península polos que transcorre o Camiño de Santiago. Coñecerás as características construtivas e musicais dos diferentes tipos de gaitas que temos documentadas, desde a Idade Media ata a actualidade.
As músicas do vinte - Grande Amore
Primeiro episodio da serie documental As músicas do vinte, dirixida e producida por Isaac Pazos, para poñer en valor o traballo dunha serie de artistas que están a protagonizar a nova creación musical galega. Nesta primeira entrega (28´ 33´´) terás oportunidade de coñecer mellor a Nuno Pico e o seu proxecto musical: Grande Amore.
Outras entregas da mesma serie.
Outras entregas da mesma serie.
Bravú XXX
Documental (55´ 41´´) no que, da man de Xurxo Souto, coñecemos os principais fitos e os referentes do "rock bravú", un movemento musical que a mediados dos anos 90 revolucionou a escena musical galega cun rock cantado en galego, inspirado na cultura popular e acompañado de guitarras eléctricas. Grupos como Os Diplomáticos de Monte Alto, Os Rastreros, Skornabois, Os Impresentables, Os Papaqueixos ou O Caimán do Río Tea, foron algúns dos protagonistas da época.
O filme foi realizado por Nós Televisión en 2024, coa dirección de Ana Viqueira, Diego Frey, Martín Rodríguez e Roi Barros, e con guión de Xurxo Souto e Ana Viqueira.
O filme foi realizado por Nós Televisión en 2024, coa dirección de Ana Viqueira, Diego Frey, Martín Rodríguez e Roi Barros, e con guión de Xurxo Souto e Ana Viqueira.
Cantos e cantares
Unha das manifestacións lúdicas do patrimonio cultural inmaterial galego-portugués son os cantos. Neste vídeo divulgativo (2´ 51´´) fálannos das cantigas de transmisión oral, centrándose de xeito especial no "alalá", un canto popular galego lento, interpretado sen acompañamento instrumental, considerado por moitos expertos como a forma máis antiga de música tradicional galega.
A peza foi elaborada por Ronsel de Ideas no marco da presentación da iniciativa Ponte... nas Ondas! (PNO) á lista de Mellores Prácticas da UNESCO.
A peza foi elaborada por Ronsel de Ideas no marco da presentación da iniciativa Ponte... nas Ondas! (PNO) á lista de Mellores Prácticas da UNESCO.
Como construír un mirlitón
Vídeo didáctico (5´ 13´´) no que descubrirás como se constrúe un mirlitón, un instrumento musical da familia dos membranófonos. Constrúese cunha cana á que se lle fai un pequeno burato nun dos laterais, mentres que un dos extremos queda aberto e o outro cóbrese cun papel de fumar ou cunha pel de cebola seca.
Trátase da primeira entrega dunha serie de vídeos didácticos, elaborados polo Proxecto Ronsel, sobre a construción de instrumentos tradicionais galegos.
Trátase da primeira entrega dunha serie de vídeos didácticos, elaborados polo Proxecto Ronsel, sobre a construción de instrumentos tradicionais galegos.
Corpo de vento 1. O contexto do órgano en Galicia
Primeira parte dunha serie de catro vídeos de carácter divulgativo sobre o mundo do órgano en Galicia, visto desde o punto de vista histórico, musical e patrimonial. O obxectivo da serie é difundir a historia destes instrumentos musicais, así como a dos organistas que os tocaron e os organeiros que os construíron. Neste capítulo introdutorio (19´ 56´´) coñecerás, da man de diferentes profesionais e investigadores, cal é a importancia do órgano como parte substancial do noso patrimonio musical, cal é o grao de coñecemento que temos deste patrimonio e cal é a información da que dispomos para reconstruír a súa historia.
A iniciativa foi desenvolvida por Sirgo Torcendo, ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
A iniciativa foi desenvolvida por Sirgo Torcendo, ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
L de Lírica: 'morrer de amor' e insultar con elegancia no Reino de Galicia
Sabías que a expresión “morrer de amor” procede dun tópico literario moi empregado na lírica provenzal para falar do amor cortés e do amor non correspondido? Neste vídeo divulgativo (3´ 11´´) Alba Tomé fálanos da lírica galego-portuguesa e dos seus principais xéneros: as cantigas de amor, as cantigas de amigo, as cantigas de escarnio e as cantigas de Santa María.
Esta peza, con guión de Alba Tomé e edición de Elena Martín, forma parte da serie audiovisual Dicionario da Galicia histórica. Un reino do A ao Z, promovida polo xornal Gciencia.
Esta peza, con guión de Alba Tomé e edición de Elena Martín, forma parte da serie audiovisual Dicionario da Galicia histórica. Un reino do A ao Z, promovida polo xornal Gciencia.
O estilo libre ao Sondarúa
A regueifa comparte con outras disciplinas artísticas a característica da improvisación oral. Neste vídeo (55´ 41´´) os integrantes do grupo Sondarúa fálannos da cultura hip hop e fannos unha demostración práctica sobre a improvisación oral no rap.
A peza está dirixida a alumnado de ensino medio e forma parte dos vídeos formativos do proxecto Enreguéifate (edición do ano 2021), promovido polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo.

Quéreme soar! Romanticismo
Este vídeo divulgativo (16´ 50´´) ofrécenos un percorrido histórico e sonoro polas principais figuras musicais do Romanticismo, con especial mención para Pascual Veiga, autor do himno de Galicia (elaborado sobre un texto do poeta Eduardo Pondal) e da obra 'Alborada', unha composición culta con base popular (algo característico desta época).
O vídeo pertence á serie documental Quéreme soar!, sobre historia da música en Galicia. Foi producida por Tarabela Creativa, con guión de Carmen Conde.
Outros capítulos da mesma serie.
O vídeo pertence á serie documental Quéreme soar!, sobre historia da música en Galicia. Foi producida por Tarabela Creativa, con guión de Carmen Conde.
Outros capítulos da mesma serie.