Que significa que un monte sexa veciñal? | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Que significa que un monte sexa veciñal?

Descrición Os montes veciñais ocupan o 22% de todo o territorio de Galicia e 1/3 da superficie forestal. Trátase dunha forma de propiedade privada colectiva da que son propietarios/as o conxunto dos veciños/as con casa aberta e residencia habitual na parroquia, lugar ou asentamento no que se atope o monte. Daquela, serás ti tamén propietario/a dalgún monte sen sabelo? Neste breve vídeo divulgativo (27´´) atoparás a resposta.

A peza forma parte da serie Ciencia á Feira, o proxecto de ciencia comunitaria interxeracional do Grupo XuvenCiencia (USC).
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
27 segundos
Entidades
Creación: Universidade de Santiago de Compostela
Etiquetas