Descrición
A avespa velutina ou avespa asiática é un insecto da orde dos heminópteros que convive con nós pero non é nativo de Galicia. Trátase dunha especie exótica invasora e constitúe un grave problema ambiental porque compite coas especies locais (abellas e outros polinizadores) e altera o equilibrio dos ecosistemas. Neste vídeo divulgativo (4´ 55´´) aprenderás a identificalas, descubrirás cal é o seu ciclo vital e obterás a información necesaria para saber como actuar no caso de sufrir un ataque.
A peza forma parte da serie Ciencia á Feira, o proxecto de ciencia comunitaria interxeracional do Grupo XuvenCiencia (USC).
A peza forma parte da serie Ciencia á Feira, o proxecto de ciencia comunitaria interxeracional do Grupo XuvenCiencia (USC).


