A diversidade de invertebrados ante o cambio global | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

A diversidade de invertebrados ante o cambio global

Descrición Os invertebrados son fundamentais para o mantemento e a saúde dos ecosistemas, pois son polinizadores, depredadores e descompoñedores. Neste vídeo didáctico (4´ 28´´) explícannos como lles está afectando aos insectos e outros invertebrados o cambio climático e a acción humana.

A peza foi elaborada por Iván Orois Logarela, Carola Gómez Rodríguez, Andrés Baselga Fraga e Olalla Lorenzo Carballa, no seo do grupo de investigación Biogeography Lab da Universidad de Santiago de Compostela (USC).
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
4 minutos e 28 segundos
Entidades
Creación: Universidade de Santiago de Compostela
Etiquetas