Descrición
A Lagoa de Cospeito pertence á Rede Natura 2000 e é un dos humedais máis importantes de Galicia. Serve de refuxio para diversas especies de aves migratorias que pasan nela os meses de inverno e, para algunhas especies tamén é lugar de paso e cría. Iago Rois, creador de contido dixital e fotógrafo de natureza, ensínanos neste vídeo divulgativo (5´ 15´´) a diversidade biolóxica que habita neste humidal.


