Pradeiras mariñas, tesouro de biodiversidade | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Pradeiras mariñas, tesouro de biodiversidade

Descrición Vídeo didáctico (5´ 57´´) que trata de concienciar sobre a importancia da conservación das pradeiras de fanerógamas mariñas da costa cántabro-atlántica (Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi), divulgando os beneficios ambientais, económicos e sociais que proporcionan estas pradeiras.

O recurso foi elaborado no marco do proxecto ZOSTERA 'Pradeiras mariñas, tesouro de biodiversidade', desenvolvido polo CEIDA-Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, durante o curso escolar 2020-2021.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
5 minutos e 57 segundos
Entidades
Creación: Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA)
Etiquetas