Descrición
A paisaxe é un patrimonio en si mesmo e, ademais, contén outros moitos patrimonios que a identifican. Neste vídeo divulgativo (2´ 20´´) Lourenzo Fernández-Prieto, catedrático de Historia Contemporánea da USC, e Ramón Fábregas, catedrático de Prehistoria da USC, fálannos de varios proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) relacionados co patrimonio, a identidade e a cultura. Neles estúdase como a xeración dunha identidade, a convivencia entre usos patrimoniais e produtivos, ou as lóxicas de pensamento e acción, son elementos determinantes na creación das paisaxes.


