0:00 / 0:00
José López-Calo pronuncia esta conferencia na sede da RAGBA co gallo do centenario da morte do compositor e pianista romántico Marcial del Adalid (1826-1881). O CCG quere recuperala neste bicentenario do seu nacemento coma pequena homenaxe. A erudición do Padre Calo permítelle considerar algúns aspectos e certezas que naquel momento se teñen do compositor galego e que, pasados os anos, vanlle dar a razón. Non cuestiona, porén, a inmensa figura que Marcial del Adalid é na historia da música galega.


