Soberanía alimentaria: utopía ou realidade | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Soberanía alimentaria: utopía ou realidade

Descrición A soberanía alimentaria é un concepto que fai alusión ao dereito dos pobos a elixir a súa propia política alimentaria, é dicir, a escoller os alimentos que consomen, así como a forma de produción e distribución destes alimentos. No actual contexto mundial de inestabilidade xeopolítica, dependencia enerxética e quecemento global xorde a pregunta: tería capacidade Galicia para producir todos os alimentos que precisa e, polo tanto, "alimentarse a si mesma" de xeito saudable? Neste vídeo divulgativo (6´ 57´´) atoparás a resposta.

A peza forma parte da serie Ciencia á Feira, o proxecto de ciencia comunitaria interxeracional do Grupo XuvenCiencia (USC).
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
6 minutos e 57 segundos
Entidades
Creación: Universidade de Santiago de Compostela
Etiquetas