Descrición
Unha entrevista a Carlos Casares dentro do programa radiofónico Da terra e dos tempos, no que fala da situación lingüística galega ao final do franquismo.
Arquivo depositario: Arquivo Sonoro de Galicia (CCG) Propiedade: Radio Nacional de España
Ficha descritiva
[gravación sonora de voces de persoas dixitalizada a partir de soporte físico analóxico]
Localización física
Arquivo Sonoro de Galicia (Consello da Cultura Galega). Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
Notas
Fonte: Radio Nacional de España / Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega.
Notas legais
Carlos Casares en Radio Nacional de España: o CCG asinou un convenio con RTVE en 2010 para dixitalizar e catalogar fondos do centro territorial de Galicia de RNE. Deste importante fondo documental escolmáronse media ducia de intervencións de Casares para unha cobertura especial no web do CCG realizada en 2017. Este proxecto contou coa colaboración de RTVE.