Carta de González López a Seoane. 1951 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de González López a Seoane. 1951

Luís Seoane (Destinatario/a) · Xosé Núñez Búa (Mencionado/a) · Emilio González López (Remitente)
11/06/1951

New York, 11 de xuño de 1951

Querido amigo Seoane:

Acabo de recibir unha carta de Búa dándome a boa nova de co meu libro eiva xa na imprensa e de que ti fuche a forza misma en sacalo adiante. Gracias por elo, coido que será un libro de éixito. Puxen nil tanto traballo como entusiasmo i estimo que será unha arma valiosísima pra unha causa cultural e política, teño gran intrés por ve-la crítica que recibe en Galiza, Portugal e Hespaña. Non toda será favorable, especialmente aos historiadores españoles que non ven con bos ollos a reitificazón da vella historia d´Hespaña. En Portugal hai bos amigos nas universidades e nas revistas universitarias competentes que lle farán xusticia.
Xa me dira-las condiciós en que se pubrica. Pra min o principal é velo fóra e discutido. Ve-las ideas espalladas entre vós e discutidas polos alleos.
Teño varios artigos pra Galiza emigrante. Penso rematalas no Middelbury College, inda teño máis tempo de vagar pra mandarllas.
En Hespaña, hai gran efervescenza ou en Galiza grandísima. O acto de Kovalea en Pailloni ó que asistiron 10.000 personas foi unha foi unha manifestazón da nosa visibilidade.

¿Que fas? ¿Que proyectos tes?
En espera das túas novas, unha forte aperta.

Emilio González
Tipo de material
epístola
Data
11/06/1951
Localizacións
orixe: Nova York
Ficha descritiva
[Carta manuscrita co membrete:] HUNTER COLLEGE / OF THE CITY OF NEW YORK / 695 PARK AVENUE / NEW YORK 21, N. Y. / Department of Romance Languages.