Carta de González López a Seoane. 1957 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de González López a Seoane. 1957

Luís Seoane (Destinatario/a) · Américo Castro (Mencionado/a) · Emilio González López (Remitente)
01/12/1957

Nova Iork, 1 Nadal 1957

Amigo Seoane:

Fai xa non sei canto tempo que che esquirbín pedíndoche uns exemplares do meu libro Grandeza e decadencia do Reino de Galicia e deica agora non tiven resposta. Supoño que estará atafegado, mais pra da-la orde á imprenta de que me envíen os exemplares sempre hai tempo. O libro quédase en nada si non é leído en Portugal e Galicia e si non distribuyo uns exemplares nas revistas máis importantes deiquí e doutros países onde se pode discutir. En Portugal, xa teño preparadas revistas en que se discutirá. É isto de gran e urxente importancia. De Galiza dinme que aínda non chegou. ¿Que pasa con el?
Che agradecería que me enviases os exemplares que me corresponden como autor no prazo mais breve. Teño só o meu exemplar e as xentes que saben que saíu pídenmo e non os podo servir. Da Casa de Galiza esquirbiron pedindo 50 exemplares e tardaron en mandarllos, ou mellor dito, en decir que llos ían a mandar. Che agradecería me dixeras como vai a venda do libro e a receición que tivo. Si tes algunha reseña, mándama, pois quero ve-la reaición que produxo. Só lin unha da revista do Centro Lucense, e coido por ela que o comentarista non o leu, pois viña a decir que coincidía con Américo Castro, cando o meu libro mostra que Castro está trabucado no que di tanto de Galiza como de Portugal.
Non deixes de esquirbirme axiña e de mandarme os exemplares do libro.

Unha forte aperta.

Emilio González

[Manuscrito:] ¿Luis, van as vosas cousas? Dime algo de ti e dos amigos de Bos Aires.
Tipo de material
epístola
Data
01/12/1957
Entidades
Mención: Centro Lucense. Bos Aires
Localizacións
orixe: Nova York
Ficha descritiva
[Carta mecanografada con firma autógrafa e co membrete:] HUNTER COLLEGE / OF THE CITY OF NEW YORK / 695 PARK AVENUE / NEW YORK 21, N. Y. / Department of Romance Languges.