Carta de Seoane a Neira Vilas. 1960 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Seoane a Neira Vilas. 1960

Xosé Neira Vilas (Destinatario/a) · Diego Díaz Dorado (Mencionado/a) · Anisia Miranda (Mencionado/a) · Luís Seoane (Remitente)
02/03/1960

Basilea, 2 de marzo de 1960

Sr. D.
José Neira Vilas
Buenos Aires

Estimado amigo:

Vai con esta a viñeta pra a tapa do libro de Anisia. Supoño que chega a tempo que ten de ficar ben. Terá de levar un centímetro menos que o ancho de tapa i os cores están pensado sobre papel branco ou cartulina branca. Abaixo fágolle un dibuxo de como ten de situarse a viñeta. Fixan os dibuxos en negro que aforra cartos nos clisés no que se refire á seleición de cores. Que o ingeniero Díaz, que coñece esta téinica lle esprique, ou que faga o favor de acompañalo ao grabador, Caparrós, onde traballamos pra Citania. Déixolle en branco no orixinal o espacio pra poñer os centímetros. Que o grabador lle faga a proba de cores pra a imprenta. Perdóneme todas estas consideracións. Escribo de présa. As miñas cousas, deica agora, mui ben.

Un saúdo pra tódolos amigos e un especial pra súa dona e vostede da miña e de min:

[Seoane]
Tipo de material
epístola
Data
02/03/1960
Entidades
Mención: Editorial Citania
Localizacións
orixe: Basilea
destino: Bos Aires
Etiquetas
Ficha descritiva
[Carta mecanografada]