Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1969 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1969

Luís Seoane (Destinatario/a) · Xavier Pousa (Mencionado/a) · Fernando Pereira Caamaño (Remitente)
07/07/1969
Montevideo, 7-VII-69

Estimado Seoane:

Adxunto unha biografía de Xavier Pousa, que era a que faltaba coas demais biografías, dos outros grabadores, coido que vostede debería faguer un pequeno limiar eispricando o senso da mostra. Algúns traballos veñen sin tiduo: ¿que poñemos no catálogo?
Tamén adxunto os retratos. Foron feitos voando. Polo tanto, perdone os erros que olle.
¿Non podería haber algunha posibilidade de contar coas súas cerámicas? ¡Fixemos tanta propaganda!.. Por certo que eiquí quizaves poidera haber pezas de Sargadelos (das antergas) que non sei si correspondería contar co elas. En fin, agardo impacente a súa verba.
Nestas XIV Xornadas de Cultura Galega está en cáseque todo á súa man. De calquera maneira, queremos telo con nós algún día, de todo corazón.

Unha aperta irmán:

Pereira
Tipo de material
epístola
Data
07/07/1969
Localizacións
orixe: Nova York
orixe: Presidente Wilson (Rambla), 503
Ficha descritiva
[Carta manuscrita co membrete:] PATRONATO DA CULTURA GALEGA / Secretaría: RAMBLA WILSON 503 / MONTEVIDEO.