Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1971 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1971

Luís Seoane (Destinatario/a) · Xosé Luís Méndez Ferrín (Mencionado/a) · Fernando Pereira Caamaño (Remitente)
03/03/1971

Montevideo, 3-III-71

Benquerido Seoane:

Somentes unhas liñas, pra o seguinte:
1 Necesito que me diga, URXENTE, si vai a estare o 25 de Sant-Yago en Bos Aires, deste ano.
2 Desexo que me confirme si lle chegou unha carta do Patronato, remesada non hai moito.
3 Quero sabere que opina da pubricación do libro de Heriberto Bens, do que se falaba na carta devandita.

Saúdos prá súa dona. Reciba unha forte aperta:

Pereira
Tipo de material
epístola
Data
03/03/1971
Entidades
Mención: Padroado da Cultura Galega de Montevideo
Localizacións
orixe: Montevideo
Ficha descritiva
[Carta manuscrita]