Carta de Seoane a Pereira Caamaño. 1972 / epístola/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

epístola

Material

Carta de Seoane a Pereira Caamaño. 1972

Detalle

Buenos Aires, 6 de xulio de 1972

Sr. D. Fernando Pereira
Montevideo

Querido amigo:

Acabo de recibir a súa carta de onte (5/VI) e confírmolle o meu fastidio por toda crase de táboas redondas. Négome decote a elas. Fago con moito gosto dibuxos ou escribo sobor determinadas cousas encol de Galicia, mais négome a falar e intervir en actos onde ten de improvisarse e as respostas son producto soio da necesidade de respostar, pra non quedar mal, e non dun análise calmo. Mais por esta úneca vez, acepto, sempre acrarando que non son orador e o digo porque é verdade que lles teño manía ós oradores. Que poña o tema Eladio Dieste. Pódese referir a arte galega si a el lle gosta o tema, ou ó arte popular, encol do ornamento en arquiteitura, etc., ou a todo esto si lles parece.
O libro de Heriberto Bens quedou bastante ben. Gostaríame ter dos ou tres exemprares máis. Estarei ahí o sábado 29. Dependo para sere máis concreto das noticias súas.

Moitos saúdos pra súa dona e vostede de Maruxa e meus, e unha aperta de:

[Seoane]
Metadatos