Carta de Seoane a Pereira Caamaño. 1974 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Seoane a Pereira Caamaño. 1974

Fernando Pereira Caamaño (Destinatario/a) · Francisco Asorey González (Mencionado/a) · Luís Seoane (Remitente)
18/02/1974

Buenos Aires, 18 de febreiro de 1974

Sr. D. Fernando Pereira
Montevideo

Meu querido amigo:

Recibín a súa carta do 9 deste mes. Con moito gosto farei unha exposición de dibuxos nesa, mais terá que sere a partir do 15 de xulio e serían de vinte, non máis, pois teño que facelos e teño moito traballo por diante.
Por favor, ó Presidente Sr. Martínez dígalle, por si aínda non a ten, que a data do pasamento de Asorey foi o 2 de xulio de 1961, ás 12 da noite.

Con saúdos ós irmáns, reciba unha grande aperta de:

[Seoane]
Tipo de material
epístola
Data
18/02/1974
Localizacións
orixe: Bos Aires
destino: Montevideo
Ficha descritiva
[Carta mecanografada]