Carta de Emilio Pita a Lois Tobío Fernández, 1959. | epistola | Consello da Cultura Galega
epistola

Carta de Emilio Pita a Lois Tobío Fernández, 1959.

Lois Tobío Fernández (Destinatario/a) · Xesús Canabal (Mencionado/a) · Ramón Otero Pedrayo (Mencionado/a) · Mª del Carmen Soler (Mencionado/a) · Emilio Pita (Remitente)
27/07/1959
Bs. As. 27-7-1959.
Sr. Luís Tobío
Montevideo.

Querido Luís:
Recibín a túa carta tan amical do día 22, e agradézoche moito as túas verbas tan agarimosas.
Onte domingo, ainda que con algunha dificultade, escoitei a nosa audición adicada ao Día de Galicia; penso que as túas verbas encol do meu derradeiro fillo lírico sairán ao ár o domingo 2 de Agosto e apréstome a escoitalas con emoción e devoción.- Gracias, moitas gracias dende agora.-
O meu fillo está vivindo en Montevideo, pero non traballa na oficiña ahí, pois a laboura nosa non necesita mais empregados. Está faguendo algúns traballos secundarios, na agarda de entrar no Banco de Galicia, onde o amigo Canabal prometeu ubicalo na primeira oportunidade que se presente.-
Xa voltarei a envíarche as miñas verbas cando escoite as túas.-
Estos días témos a presencia física e espritoal de Don Ramón que é como tér a Terra con nós.
Lembranzas manseliñas a María del Carmen e aos fillos de Maruxa e de todos nós.- Para tí a aperta forte de sempre de,

Pita [sinatura autógrafa]
Descrición Carta de Emilio Pita comentándolle sobre a visita de Ramón Otero Pedrayo en Bos Aires e tamén da audición de Sempre en Galiza dedicada ao Día de Galicia.
Tipo de material
epistola
Data
27/07/1959
Medidas
1 páxina
Localizacións
orixe: Bos Aires
destino: 26 de Marzo, n.º 1089
Ficha descritiva
[Carta mecanografada, con sinatura autógrafa e sen membrete].
Notas legais
Este documento pertence ao Fondo documental e fotográfico Lois Tobío, conservado no Consello da Cultura Galega por doazón de Constanza Tobío.