Material
Irmandades da Fala
«Axiomas», artigo de A. Villar Ponte
Detalle
“Non hai entre todal-as rexións e nazionalidades que forman o autual Estado hespañol ningunha como Galiza que poidera vivir dende hoxe mesmo independente millor que xunguida a ninguén. Galiza é a terra de maor persoalidade da península e unha das terras de maor persoalidade do mundo. Ningunha das outras rexións da Hespaña si se lle dera a independenza de momento, podería acetala; ningunha incruso Cataluña e as Vascongadas. Arredadas do Estado hespañol, faltas do proteicionismo do Estado hespañol percisarían da misericordia protectora d´outros Estados. Galiza, pol-o contrario, libre, comenzaría a progresar de xeito rápido, para se trocare de camiño en un dos pobos mais adiantados d´Europa.Pois pesi-a sere esto un feito positivo, indudabel, Galiza é a terra desprezada pol-as outras da Hespaña, é a única asfisiada moral e materialmente por elas.
Mentres non-os decatemos d´estas verdades, a nosa Patria ficará sendo o único caso de pobo soicida con esistenza no mundo”.


