Antón Villar Ponte

----

Antón Villar Ponte

1881 Viveiro (Lugo) | 1936 A Coruña
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Antón Villar Ponte

1881- Viveiro (Lugo) | 1936 A Coruña
Teórico do nacionalismo galego, promotor das Irmandades da Fala, fundador da ORGA e un dos creadores do teatro galego de preguerraNaceu en Viveiro o 2 de outubro de 1881, nunha familia de clase media, monárquica e moi conservadora. Logo de estudar nos institutos de Lugo e Santiago de Compostela, realizou nesta vila os estudos de Farmacia. Comezou a escribir na prensa no semanario republicano Nueva Brisa, que fundou xunto con outros mozos en Viveiro en 1899.
Logo de licenciarse en 1901 abriu unha botica en Foz, vila na que tamén escribiu en varias publicacións, entre elas a que fundou: El Automóvil, de carácter humorístico, da que se editou un só número en 1903, e ¡Guau... Guau!, de carácter satírico e creado en 1906 xunto con Antonio Noriega Varela e Camilo Cela Fernández. Nesa época entrou en contacto co galeguismo, publicando na Revista Gallega de Galo Salinas e colaborando co comité republicano que presidía en Mondoñedo Manuel Leiras Pulpeiro. Despois estivo unha época emigrado traballando como xornalista, primeiro dous anos en Madrid, de 1906 a 1908, e despois outros dous na Habana, onde entrou en contacto con Ramón Cabanillas.
En 1910 instalouse na Coruña, e abriu unha botica no barrio de Monelos, ao tempo que seguiu escribindo en diversas publicacións. A comezos de 1916 recolleu o chamamento que Aurelio Ribalta fixera en defensa da lingua galega: comezou unha campaña para a creación dunha Liga de Amigos do Idioma Galego, e en marzo publicou o folleto Nacionalismo gallego (Apuntes para un libro). Nuestra afirmación regional, unha escolma dalgún dos seus artigos sobre a defensa, dignificación e fomento da lingua galega. Convocou unha xuntanza na sede da Real Academia Galega para o 18 de maio dese ano que culminou na constitución da primeira Irmandade dos Amigos da Fala. A ela asistiron entre outros o seu irmán Ramón, Manuel Lugrís Freire, Florencio Vaamonde, Uxío Carré Aldao, Luís Porteiro Garea e Francisco Tettamancy. Seis meses despois aparecía A Nosa Terra, voceiro das Irmandades, do que Antón Villar Ponte foi primeiro director. En 1923 incorporouse ao Seminario de Estudos Galegos.
En 1919 foi un dos fundadores do Conservatorio Nacional da Arte Galega, creado para difundir a dramática do país, así como renovar a súa calidade estética e formal. Animou a Ramón Cabanillas para que o cambadés escribise A man da Santiña, comedia amorosa ambientada nun pazo con personaxes fidalgos. Antón Villar Ponte e Ramón Cabanillas colaborarían na realización da obra O Mariscal, comezada en 1920 mais publicada en 1926 e estreada como peza lírica en 1929.
Membro da Irmandade Nazonalista Galega, que fora formada en 1922 por Vicente Risco e Antón Losada Diéguez, tras a chegada da ditadura de Primo de Rivera aceptou ser concelleiro na Coruña. Ocupou o cargo o 7 de febreiro de 1924, pero renunciou o 18 de marzo dese mesmo ano tras as críticas das Irmandades da Fala da Coruña e pola súa oposición a devolverlle a xestión das institucións de beneficencia á igrexa católica. Malia o colaboracionismo inicial opúxose ao novo réxime, e foi arrestado en maio de 1926 e mais en xaneiro de 1927 por publicar artigos contrarios á ditadura.
No marco do enfrontamento das dúas posturas no seo do galeguismo, entre a corrente culturalista de dereitas, que defendían Risco, Otero Pedrayo, Xoán Vicente Viqueira ou López Cuevillas, e a máis activista de esquerdas, con Manuel Lugrís Freire, Uxío Carré Aldao ou Víctor Casas, posicionouse co primeiro grupo. Non obstante, a súa visión do nacionalismo galego defendía o servizo ás persoas, que consideraba de forma individual e non como ente abstracto coma os culturalistas. Entendía que os sistemas sociais eran construtos culturais, o que batía co discurso historicista que defendían os nacionalismos do século XIX e comezos do XX.
No outono de 1929 foi un dos fundadores da Organización Republicana Gallega Autónoma, que en marzo de 1930 pasou a organizar a Federación Republicana Gallega. Foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas eleccións xerais de xuño de 1931. En 1934 pasou a militar no Partido Galeguista, e volveu obter o escano de deputado nas eleccións de febreiro de 1936, na candidatura da Fronte Popular. Porén, unha perforación gástrica causou o seu falecemento o 4 de marzo de 1936 e non chegou a prometer o cargo nin a vivir o referendo do estatuto de autonomía.
O 24 de xullo de 1934 ingresara na Real Academia Galega como membro de número, a proposta de Eladio Rodríguez González, Féliz Estrada Catoyra e Francisco Ponte Blanco, para ocupar a cadeira que ficara libre tras o falecemento do bispo tudense Manuel Lago González. O seu discurso de ingreso, O sentimento liberal na Galiza, foi definido por Ramón Otero Pedrayo na súa resposta como o esquema da súa conceición da Galiza.

Colaboracións en Nós
A súa primeira colaboración en Nós é no número 4, de xaneiro de 1921, cun texto sobre a paisaxe e a pintura galega. No nº 14 (nadal de 1922) publicou o artigo «A terceira dimensión da vida», no que explica as ideas de Alfred Korzybski. Nestes dous artigos empata de forma absoluta co ideario primixenio de Nós: relacionar a cultura galega coas novas ideas culturais e filosóficas que se estaban a desenvolver en Europa. Segue esta temática co artigo «A fontenla viva da nosa cultura», publicado no nº 38 (febreiro de 1927). O seu cuarto artigo de opinión é «O problema da lingua», que aparece no nº 50 (febreiro de 1928), onde recunca no ideario das Irmandades da Fala a prol da normalización lingüística.
Antón Villar Ponte publicou en Nós dúas pezas de creación literaria. No número 17, de marzo de 1923, aparece «A cantiga do fento», un texto en prosa dedicado a Vicente Risco de certo espiritualismo, con referencias a Francisco de Asís, mais tamén con fondas imaxes que rozan o hilozoísmo, coa natureza volvéndose figura activa a través das xestas, queirugas, toxos, milcroques, papoulas e piñeiros. No número 64 (abril 1929) aparece o conto «O asilo azul», dedicado a Otero Pedrayo, unha historia triste sobre un mendigo que morre abandonado coma un animal, sen que ninguén lle dea xa non só caridade, senón sequera o máis mínimo consolo.
Cultiva tamén a crítica literaria con dúas recensións. A primeira delas no nº 39 (marzo de 1927), do libro Las ciudades islámicas de Daniel Martínez Ferrando, autor valenciano a quen Villar Ponte prologara en 1922 o seu libro A través de Galicia. A segunda aparece no nº 58 de Nós (outubro de 1928), e nela trata a novela de Vicente Risco O porco de p, editada tres meses antes. Na recensión loa a figura do autor, mais tamén destaca da obra que nela «realismo, idealismo e humorismo andan collidos da man».


  • Referencias

    • OBRA

      • Ensaio

        • Nacionalismo gallego. Nuestra afirmación regional (1916)
        • Os nosos valores (1920)
        • Do cosmopolitismo, do universalismo e da mansedume galega(1921)
        • O sentimento liberal na Galiza (1977, discurso de ingreso na RAG en 1934)



      • Teatro

        • A patria do labrego (1905)
        • Entre dous abismos (1920)
        • Almas mortas (1922)
        • O Mariscal (1926, con Ramón Cabanillas)
        • Teatro galego: tríptigo (1928)
        • Os evanxeos da risa absoluta: anunciación do antiquixote. Folk-drama da sinxeleza campesina (1934)
        • Nouturnio de medo e morte (1935)
        • A festa da malla (1997)





    • BIBLIOGRAFÍA

      • Ínsua, Emilio (2006): Antón Vilar Ponte e a Academia Galega. Contributos para a historia crítica dunha institución centenaria. Vigo: Cumio.
      • Monterroso Devesa, José-María (1977): «Vida e obra», en Antón Vilar Ponte. Día das letras galegas. A Coruña: Agrupación Cultural O Facho.
      • Piñeiro, Ramón (1974): «Antón Villar Ponte», en Olladas no futuro. Vigo: Galaxia.
      • Soutelo Vázquez, Raúl (2001): «A pegada dos irmáns Vilar Ponte no nacionalismo galego de antes da guerra», Anuario Brigantino, nº 24, pp. 261-281.





Materiais de Antón Villar Ponte

Texto.

Bibliografía sobre Antón Villar Ponte

Bibliografía específica sobre Antón Villar Ponte elaborada por Emilio Xosé Insua
Documento

En Como en Irlanda, obra dirixida por Quico Cadaval, Pico interpreta a Fuco de Arnoia. CDG. 1996

«Como en Irlanda de Antón Villar Ponte e John Millington Synge». En Centro Dramático Galego: 20 anos, 1984-2004. Santiago de Compostela: Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais IGAEM, 2004.
Documento. Artigo

Artigo de Baldomero Cores Trasmonte sobre a figura de Antón Villar Ponte.

Cores, Baldomero: «Tras el Día das Letras Galegas: Villar Ponte y la fundación del nacionalismo gallego», Tiempo de Historia, 31 (xuño de 1977), 70-81.
Texto.

«Tribuna libre. O que vai de 1916 a 1936...», artigo de A. Villar Ponte

Publicado en A Nosa Terra, nº 396, Pontevedra, 27 de decembro de 1935
Texto.

«O que temos que pedir no Día de Galicia e no Día da Universidade», artigo de A. Villar Ponte

Publicado en El Pueblo Gallego, Vigo, nº 1.971, 25 de xullo de 1930
Texto.

«Exemplos. Un grave pecado noso», artigo de A. Villar Ponte

Publicado en El Pueblo Gallego, Vigo, nº 1.728, 11 de outubro de 1929
Texto.

«O problema da lingua», artigo de A. Villar Ponte

Publicado no boletín Nós, Ourense, nº 50 (2ª xeira), 15 de febreiro de 1928
Documento. Artigo

A primeira recepción xeral do SEG, para homenaxear á romanista Carolina Michaëlis de Vasconcellos, recollida por El compostelano. 15 de marzo de 1926

«Primera reunión general del Seminario de Estudos Galegos: Recepción de los poetas Cabanillas, Noriega, Abente y Taibo», El compostelano: diario independiente, 1795 (25 de marzo de 1926), 1.
Texto. Conferencia

Conferencia de A. Vilar Ponte «Dos nosos valores»

Conferencia lida no salón de actos da Sociedad Económica de Santiago de Compostela e publicada en A Nosa Terra, n.º 120, A Coruña.
Texto.

«Cristalizaciós. Os agricultores hespañoles contra dos galegos», artigo de A. Villar Ponte

Publicado en La Zarpa, Ourense, nº 584, 22 de xuño de 1923
Texto.

«Axiomas», artigo de A. Villar Ponte

Publicado en La Zarpa, Ourense, nº 179, 22 de febreiro de 1922
Texto.

«A bandeira ergueita», artigo de A. Villar Ponte

Publicado en A Nosa Terra, A Coruña, n° 1, 14 de Novembro de 1916

Carta de Vilar Ponte a Filgueira. 1930

Publicacións periódicas

Aviso Listado automático de documentación relacionada con nos fondos documentais en liña ofrecidos polo Consello da Cultura Galega.
Galicia [A Habana] (1902-1930) .
1903-1904: Revista Semanal Ilustrada
Revista Semanal Ilustrada de mayor circulación en la República
1905, n.º 1: Sen subtítulo
1905, n.º 2-1906, n.º 33: Revista Regional de más circulación en la República de Cuba
1906, n.º 34-1907: Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba y Defensor de los intereses gallegos en América
1914: Revista Regional Ilustrada: Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba
16-08-1925: Revista Semanal Ilustrada: Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba
1926: Revista Gráfica Regional de La Habana. Publicación Semanal. Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba
Publicación Semanal. Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba
1930: Publicación Ilustrada: Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Boletín Oficial del Centro Gallego (1903-1930) .
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Heraldo Gallego, El (1908-) .
Órgano de las colectividades Gallegas en el Plata
1921: Semanario independiente y de información regional
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Vivero en el Plata (1909-1932) .
Revista Mensual: Órgano Oficial del Centro del Partido de Vivero
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Alma Gallega (1910-) .
Publicación impresa | Labor na publicación: DIRECCIóN;
Eco de Galicia (1917-1936) .
Revista ilustrada y de información de la colonia gallega en Cuba
A partir do n.º 23: Revista gráfica y de información de la colonia gallega en Cuba
A partir do n.º 111 (1920): Revista gráfica y de información regional
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Centro Gallego (1917-1925) .
Órgano de la Colectividad Gallega en Uruguay
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Emigrado, El (1920-1940) .
Ata n.º 14: Periódico Independiente
A partir do n.º 15: Órgano de las sociedades de emigrados y agricultores
1931: Engádese «Periódico Galleguista»
1935: Propiedad de la Soc. «Hijos del Ayuntamiento de La Estrada» en Cuba
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Despertar Gallego, El (1922-1930) .
Órgano mensual de la Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales en Buenos Aires
A partir do n.º 23: Órgano oficial de la Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales en la República Argentina
A partir do n.º 120: Órgano oficial de la Federación de Sociedades Gallegas en la República Argentina
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Roladas, As (1922-) .
Folla dos rapaciños galegos
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Terra (1923-1923) .
Boletín de Cultura Galega: Idearium da I.N.G. n'América do Sul
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Unión Estradense (1928-) .
Instrucción-Fomento-Cooperación: Fundada el 8 de mayo de 1916: Adherida a la Federación de Sociedades Gallegas
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Galicia [Montevideo 1929-30] (1929-1930) .
Cultura Gallega - Información - Noticias
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Galicia [Bs As 1930] (1930-) .
Publicación semanal editada por la Federación de Sociedades Gallegas
Portavoz de la Federación de Sociedades Gallegas
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Alma Gallega (1931-) .
Revista Quincenal Ilustrada
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Raza Celta (1934-1935) .
Órgano del Comité Autonomista Gallego de Montevideo
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Alalá (1935-1935) .
Revista de Arte e Letras editada pol-a Coral Os Rumorosos
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Irmandino, O (1958-1961) .
Órgao da Irmandade Galeguista d'o Uruguai
Publicación impresa | Labor na publicación: SINATURA DE ARTIGOS REPRODUCIDOS;

Artigos

PESQUEIRA QUIROGA, J. (10/1916) Los nacionalismos ibéricos.- El nacionalismo gallego. Exégesis de la doctrina de un folleto del Sr. Villar Ponte. Eco de Teo, El. 1ª (08), 3-8.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Antón Villar Ponte ;
PESQUEIRA QUIROGA, J. (1/1917) Unas cuantas reflexiones incoherente para D. Antonio Villar Ponte. Eco de Teo, El. 1ª (11), 3-5.
Ver opinión Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Antón Villar Ponte ;
(11/1920) En Mondariz. La Academia Gallega: homenaje a Murguía. Terra, A. 1ª (7), 28.
Ver noticia Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Ramón Cabanillas ; Uxío Carré Aldao ; Manuel Murguía ; Vicente Risco ; Antonio Rey Soto ; Eladio Rodríguez González ; Antón Villar Ponte ; Marcelo Macías ; José Rodríguez de Vicente "Joselín" ;
VILLAR PONTE, A. (8/1923) Os agricultores hespañoles contra dos galegos. Emigrado, El. (101), 1.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións:
VILLAR PONTE, A. (9/1923) Fasquias. Emigrado, El. (102), 1.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións:
VILLAR PONTE, A. (9/1923) Cristalizaciones. Emigrado, El. (103), 1.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Fernando de los Ríos ;
VILLAR PONTE, A. (2/1924) Galicia en América: Exposiciones permanentes de productos gallegos. Emigrado, El. (117), 1.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións:
VILLAR PONTE, A. (4/1926) Julio Sigüenza. Un poeta modesto y silencioso. Céltiga. 1ª (31), 7.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela;
Mencións: Julio Sigüenza ;
(5/1926) ¡Que suerte!. Céltiga. 1ª (34), 3.
Ver nota breve Fonte da dixitalización: Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela;
Mencións: José Calvo Sotelo ; Antón Villar Ponte ;
(6/1926) O mariscal. Céltiga. 1ª (36), 3.
Ver noticia Fonte da dixitalización: Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela;
Mencións: Ramón Cabanillas ; Antón Villar Ponte ;
CEBREIRO, Á. VILLAR PONTE, A. CABANILLAS ÁLVAREZ, R. (7/1926) «O mariscel». Céltiga. 1ª (37-38), 11-12.
Ver narrativa Fonte da dixitalización: Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela;
Mencións: Pardo de Cela ;
COTARELO VALLEDOR, A. (7/1926) Do museu etnográfico. Céltiga. 1ª (37-38), 51-52.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela;
Mencións: Joaquín Arias Sanjurjo ; Uxío Carré Aldao ; Xosé Filgueira Valverde ; Florentino López Cuevillas ; Manuel Murguía ; Antón Villar Ponte ; Luis Bouza-Brey ;
CABANILLAS, R. VILLAR PONTE, A. (10/1926) Prólego d'«O Mariscal». A obra cume da literatura galega. Céltiga. 1ª (43), 9, 10.
Ver narrativa Fonte da dixitalización: Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela;
Mencións:
VILLAR PONTE, A. (10/1926) Una visita a San Andrés de Teixido. El santuario más popular de Galicia. Céltiga. 1ª (43), 31.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela;
Mencións:
VILLAR PONTE, A. (10/1926) Una visita a San Andrés de Teixido. El santuario más popular de Galicia (continuación). Céltiga. 1ª (44), 15, 16.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela;
Mencións:
CABANILLAS, R. VILLAR PONTE, A. (11/1926) «O Mariscal». Céltiga. 1ª (45), 6.
Ver bibliografía Fonte da dixitalización: Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela;
Mencións:
CABANILLAS, R. VILLAR PONTE, A. (11/1926) Para los gallegos de corazón [«O Mariscal»]. Céltiga. 1ª (45), 10.
Ver noticia Fonte da dixitalización: Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela;
Mencións:
VILLAR PONTE, A. (11/1926) O que foi é ô que ten de ser a Academia Gallega. Céltiga. 1ª (46), 7, 8.
Ver entrevista Fonte da dixitalización: Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela;
Mencións: Eladio Rodríguez González ; Ramón Suárez Picallo ;
CABANILLAS, R. VILLAR PONTE, A. (12/1926) O Mariscal. Céltiga. 1ª (47), 9.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela;
Mencións:
CABANILLAS, R. VILLAR PONTE, A. (12/1926) «O Mariscal», la obra magistral de Cabanillas y Villar Ponte, editada por «Lar» recientemente, está próxima a agotarse. Céltiga. 1ª (48), 4.
Ver noticia Fonte da dixitalización: Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela;
Mencións:
(12/1926) Biblioteca «Céltiga». ¡Novísima literatura gallega! libros en venta. Céltiga. 1ª (48), 32.
Ver catálogo Fonte da dixitalización: Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela;
Mencións: Ramón Cabanillas ; Leandro Carré Alvarellos ; Xosé Filgueira Valverde ; Gonzalo López Abente ; Vicente Risco ; Ramón Otero Pedrayo ; Castelao ; Antón Villar Ponte ; Ramón Villar Ponte ; Avelino Gómez Ledo ; Egidio Paz Hermo ; Augusto María Casas ; José Costa Figueiras ;
(1/1927) O Mariscal. Traxedia histórica en verso por Ramón Cabanillas y Antón Villar Ponte. Editorial Lar, La Coruña, 1926. Céltiga. 1ª (49), 8.
Ver recensión Fonte da dixitalización: Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela;
Mencións: Ramón Cabanillas ; Antón Villar Ponte ;
(1/1927) Antón Villar Ponte fue multado en 500 pesetas por escribir. Un grupo de federados giró telegráficamente el importe del la multa . Despertar Gallego, El. (90), 4.
Ver noticia Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Antón Villar Ponte ;
(1/1927) Condenas. Céltiga. 1ª (50), 3.
Ver noticia Fonte da dixitalización: Biblioteca da Fundación Penzol;
Mencións: Valentín Lamas Carvajal ; Xosé Lesta Meis ; Antón Villar Ponte ;
(5/1930) Verdadeira realidade. Boletín de la Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía. 2ª (10), 21.
Ver opinión Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Ramón Cabanillas ; Rosalía de Castro ; Manuel Curros Enríquez ; Eduardo Pondal ; Vicente Risco ; Ramón Otero Pedrayo ; Antón Villar Ponte ;
(5/1930) O marxe dunha noticia. Boletín de la Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía. 2ª (10), 22.
Ver opinión Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Ramón Cabanillas ; Ben-Cho-Shey ; Gonzalo López Abente ; Vicente Risco ; Ramón Otero Pedrayo ; Antón Villar Ponte ;
VILLAR PONTE, A. (1/1931) Églogas de Virxilio en galego. Galicia [Bs As 1930]. [1ª] (188), 2.
Ver recensión Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Avelino Gómez Ledo ;
VILLAR PONTE, A. (1/1931) Unha carta de Villar Ponte. O ilustre escritor galego diseña en verbas d'outa sinceridades e d'oportuno valor político, a súa posición encol do momento galego. Galicia [Bs As 1930]. [1ª] (189), 1.
Ver carta Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións:
VILLAR PONTE, A. (1/1931) Ideas políticas: Os nacionalistas galegos e o estado hespañol. ¿Coida alguén -di Vilar Ponte- que o nazonalismo galego, illado, sin moitos anos de loita, coa pouca concenza galeguista que hai aínda na nosa terra, podería conseguir o conseguirá axiña de se lograr o troque do réxime?. Galicia [Bs As 1930]. [1ª] (189), 3.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións:
(1/1931) La ORGA ha celebrado asamblea general. Declaración de principios y programa de acción aprobados. Carga de felicitación a A. Villar Ponte. Galicia [Bs As 1930]. [1ª] (190), 2.
Ver relatorio Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Antón Villar Ponte ;
(1/1931) En torno a la realidad gallega. Galicia [Bs As 1930]. [1ª] (190), 3.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Antón Villar Ponte ;
VILLAR PONTE, A. (1/1931) As provincias na Geografía. Galicia [Bs As 1930]. [1ª] (190), 4.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Ramón Otero Pedrayo ;
(1/1931) Actualidad política gallega. Galicia [Bs As 1930]. [1ª] (191), 1.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Antón Villar Ponte ; Gabino, conde de Bugallal y Araujo ;
VILLAR PONTE, A. (1/1931) Outra baixa mais nas nosas fias. Exemplos. Galicia [Bs As 1930]. [1ª] (191), 3.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Xosé Lesta Meis ;
(2/1931) El gran mitin republicano de La Estrada. Villar Ponte, el ilustre periodista, pronuncia un magnífico discurso en idioma gallego. - Peña Novo es ovacionado fervorosamente por la multitud. Galicia [Bs As 1930]. [1ª] (192), 3.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Antón Villar Ponte ; Joaquín Poza Juncal ; Lois Peña Novo ; Bernardo Mato Castro ; José Eduardo Carnero Valenzuela ;
VILLAR PONTE, A. (2/1931) La más eficaz arma de galleguización. Galicia [Bs As 1930]. [1ª] (192), 8.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións:
(2/1931) Luchar por la República equivale a procurar la Autonomía de Galicia y la consecución de los postulados del Programa de Lugo. Ideas políticas: Galleguismo - Republicanismo - Nacionalismo. Galicia [Bs As 1930]. [1ª] (193), 3.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Santiago Casares Quiroga ; Valentín Paz-Andrade ; Antón Villar Ponte ; Manuel Portela Valladares ;
VILLAR PONTE, A. (2/1931) El coste de la producción relacionado con nuestra tierra. Galicia [Bs As 1930]. [1ª] (193), 3.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: José Ortega y Gasset ;
VILLAR PONTE, A. (2/1931) Cosa esencial para Galicia. Galicia [Bs As 1930]. [1ª] (193), 3.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Vicente Risco ;
VILLAR PONTE, A. (2/1931) En torno a una política gallega. Cosa esencial para Galicia. Galicia [Bs As 1930]. [1ª] (194), 1.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións:
VILLAR PONTE, A. (1/1933) Sin autonomía estaremos perdidos. Galicia [Bs As 1930]. 2ª (292), 3.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións:
VILLAR PONTE, A. (1/1934) Comentarios a la política gallega. Una evocación justa. Galicia [Bs As 1930]. 2ª (345), 3.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Ramón Otero Pedrayo ; Castelao ; Ramón Suárez Picallo ; Manuel Portela Valladares ;
VILLAR PONTE, A. (1/1934) ¿Vamos al frente único autonomista?. Galicia [Bs As 1930]. 2ª (346), 3.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións:
VILLAR PONTE, A. (1/1934) La democracia española en peligro. Galicia [Bs As 1930]. 2ª (347), 2.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións:
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (1/1934) «Irmandades da Fala». Espello nacional de Galicia. Galicia [Bs As 1930]. 2ª (348), 3.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Antón Villar Ponte ; Ramón Villar Ponte ;
CAMPOS COUCEIRO, P. (1/1934) La derrota de las izquierdas españolas fue preparada por ellas mismas. Galicia [Bs As 1930]. 2ª (348), 2.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Manuel Azaña ; Santiago Casares Quiroga ; Ramón Otero Pedrayo ; Castelao ; Ramón Suárez Picallo ; Antón Villar Ponte ;
VILLAR PONTE, A. (1/1934) Lo que debiera inspirarnos el homenaje póstumo a Maciá. Galicia [Bs As 1930]. 2ª (348), 3.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Francesc Maciá ;
BEIRAS GARCíA, A. CASTRO, P. CUNQUEIRO, Á. FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. FILGUEIRA VALVERDE, X. FOLE, Á. FRAGUAS, A. GONZáLEZ GARCíA-PAZ, S. MANTEIGA, L. MARTíNEZ LóPEZ, R. MASIDE, C. GUERRA DA CAL, E. PIñEIRO, R. VALENZUELA, R. VILLAR PONTE, A. GOLáN, N. BLANCO TORRES, R. BRAñAS CANCELO, P. VáZQUEZ MARTíNEZ, A. MORANDEIRA, D. EDREIRA PEDREIRA, M. LóPEZ DURá, X. REY, E. CARNERO VALENZUELA, J. REBOREDO FERNáNDEZ, I. ESCARIZ BUGALLO, M. MONTERO CORBEIRA, M. NOYA RODRíGUEZ, C. FREIRE VAAMONDE, M. ARIAS PARGA, E. (2/1934) A xuventude galega ao lado de «Galicia». Nun manifesto que nos remiten dendes Compostela, corenta representantes da nova Galicia - profesores, mestres, obreiros, periodistas - eisprésannos a súa simpatía e solidaridade entusiastas. Galicia [Bs As 1930]. 2ª (349), 1.
Ver carta Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións:
VILLAR PONTE, A. (2/1934) Pensemos en Galicia. Galicia [Bs As 1930]. 2ª (349), 3.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións:
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (12/1934) Orientacións. Necesidade dun teatro galego. Galicia [Bs As 1930]. 2ª (396), 2.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Álvaro de las Casas ; Rafael Dieste ; Antón Villar Ponte ; Xil Vicente ;
(6/1944) Luchadores de la autonomía gallega 1936 - 28 de junio - 1944. Acción Gallega. 2ª (13), 1.
Ver ilustración Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Alexandre Bóveda ; Bibiano Fernández Osorio-Tafall ; Castelao ; Antón Villar Ponte ;
(12/1944) Una entidade galeguista en Venezuela. Nosa Terra, A. (433), 5.
Ver noticia Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Rodolfo Prada ; Castelao ; Antón Villar Ponte ; Silvio Santiago ; José Mosqueira Manso ;
(3/1946) Antonio Villar Ponte. En el décimo aniversario de su muerte. Opinión Gallega. 1ª (34), 1.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Antón Villar Ponte ;
VILLAR PONTE, A. (3/1946) Ríqueza del campo gallego. Opinión Gallega. 1ª (34), 11.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións:
CALZADO POCEIRO, D. (6/1946) Memoria da Irmandade Galega do 1945-1946. Nosa Terra, A. (448), 2.
Ver relatorio Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Manuel Meilán Martínez ; Rodolfo Prada ; Ramón Rey Baltar ; Castelao ; Gumersindo Sánchez Guisande ; Antón Villar Ponte ; Ramón Fernández Mato ; Francisco Regueira ; Xosé Ares Miramontes ; Bernardino Rivadavia ; Manuel Cacheiro Rey ;
VILLAR PONTE, A. (12/1948) Lembranza d'un home representativo. Betanzos. 1ª (43), 33.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Fernando García Acuña ;
FERNáNDEZ, F. (12/1949) Trayectoria histórica del Galleguismo. Betanzos. 1ª (44), 23-25.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Alexandre Bóveda ; Alfredo Brañas ; Ramón Cabanillas ; Vicente Risco ; Xaime Quintanilla ; Antón Villar Ponte ; Lois Porteiro Garea ;
VILLAR PONTE, R. (1/1951) Louva e Lembranza no cincuentenario da morte de Alfredo Brañas. Betanzos. 1ª (45), 55.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Alfredo Brañas ; Antolín Faraldo ; Antón Villar Ponte ;
(1/1954) Na door da súa morte: Ramón Villar Ponte. Opinión Gallega. 1ª (147), 12.
Ver dedicatoria Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Antón Villar Ponte ; Ramón Villar Ponte ;
VILANOVA RODRíGUEZ, A. (1957) A Cruña, concencia civil da Galiza. Orzán. 1ª (9), 4-6.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Uxío Carré Aldao ; María Casares ; Santiago Casares Quiroga ; Manuel Curros Enríquez ; Manuel Lugrís Freire ; Andrés Martínez Salazar ; Emilia Pardo Bazán ; Miguel de Unamuno ; Antón Villar Ponte ; Juan Fernández Latorre ; Manuel Pardo de Andrade ; Sinforiano López ;
FEIJóO VARELA, J. (2/1958) Mondoñedo. Voz de Breogán, La. 1ª (3), 8.
Ver reportaxe Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Ramón Cabanillas ; Pardo de Cela ; Antón Villar Ponte ; Pascual Veiga ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (4/1960) Guía de escritores lucenses. Galicia [Bs As 1926]. (512), 17 .
Mencións: Daniel Cortezón ; Álvaro Cunqueiro ; Celestino Fernández de la Vega ; Manuel María ; Ánxel Fole ; Aquilino Iglesia Alvariño ; Uxío Novoneyra ; Nicomedes Pastor Díaz Corbelle ; Luís Peña ; Ramón Piñeiro ; Luz Pozo Garza ; Juan Rof Carballo ; Lois Tobío Fernández ; Luís Pimentel ; Antón Villar Ponte ;
ABRAIRA, X. (2/1964) Francisco Regueira, Galeguista. Algúns apuntes pra historia do movimento galeguista antre nós. Orientación Gallega. 1ª (20), 4-6.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Eduardo Blanco Amor ; Rosalía de Castro ; Rodolfo Prada ; Manuel Puente ; Castelao ; Gumersindo Sánchez Guisande ; Ramón Suárez Picallo ; Lois Tobío Fernández ; Antón Villar Ponte ; Manuel Portela Valladares ; Antón Alonso Ríos ; Elpidio Villaverde ; Alfredo Somoza ; Eliseo Pulpeiro ; Antón Alonso Pérez ; Antón Zapata García ; Avelino Díaz ; Manuel Cao Turnes ; Francisco Regueira ; Julio de la Cuesta ; Domingo Rial Seijo ; Fernando Lorenzo Rico ;
(1/1977) Un ano pra Villar Ponte. Teima. (5), 4.
Ver nota breve
Mencións: Alfredo Brañas ; Ramón Cabanillas ; Castelao ; Antón Villar Ponte ;
(1/1977) [Ilustración de Antón Villar Ponte]. Teima. (5), 4.
Ver ilustración
Mencións: Antón Villar Ponte ;
MAGARIñOS, A. (1/1977) Prensa galega (1931-1936) : "Resol" e "Ser". Teima. (6), 30-31.
Ver artigo
Mencións: Xerardo Álvarez Gallego ; Manuel Azaña ; Jesús Bal y Gay ; Eduardo Blanco Amor ; Fermín Bouza Brey ; Ramón Cabanillas ; Ricardo Carballo Calero ; Álvaro de las Casas ; Plácido R. Castro ; Manuel Colmeiro ; Arturo Cuadrado ; Álvaro Cunqueiro ; José Díaz Jácome ; Rafael Dieste ; Marino Dónega ; Francisco Fernández del Riego ; Bibiano Fernández Osorio-Tafall ; Ánxel Fole ; Johan Carballeira ; Aquilino Iglesia Alvariño ; Manuel Leiras Pulpeiro ; Manuel Lugrís Freire ; Luís Manteiga ; Vicente Risco ; Carlos Maside ; Antonio Noriega Varela ; Ramón Otero Pedrayo ; Valentín Paz-Andrade ; Manuel Antonio ; Emilio Pita ; Rodolfo Prada ; Castelao ; Luís Seoane ; Ramón Suárez Picallo ; Luís Pimentel ; Antón Villar Ponte ; Victoriano Taibo ; Roberto Blanco Torres ; Camilo Díaz Baliño ; Evelio Acevedo ; Lois Peña Novo ; Eliseo Pulpeiro ; Eugenio Montes ; Aureliano José Pereira de la Riva ; Juvenal Ortiz Saralegui ; José Pasín Romero ;
MAGARIñOS, A. (3/1977) A prensa en Galicia (1930-1936). Teima. (14), 30-31.
Ver reportaxe
Mencións: Basilio Álvarez ; Vicente Risco ; Ramón Otero Pedrayo ; Antón Villar Ponte ; Jose Antonio Primo de Rivera ; Avelino López Otero ; Fornés Sierra ;
(3/1977) [Caricatura de Antón Villar Ponte]. Teima. (14), 30.
Ver humor gráfico
Mencións: Antón Villar Ponte ;
MARIñO, X. (3/1977) O remuíño. Teima. (16), 32.
Ver nota breve
Mencións: Xavier Alcalá ; Marcial del Adalid ; Rogelio Groba ; Antonio Noriega Varela ; Teixeira de Pascoaes ; Antón Villar Ponte ; Antón Tovar ; Miro Casabella ; Xerardo Moscoso ; Antonio Ruiz-Pipó ;
FREIXANES, V. PIñEIRO, R. VILLARES, R. (5/1977) 17 de maio : Día das Letras Galegas : Antón Villar Ponte. Teima. (22), 37-39.
Ver reportaxe
Mencións: Manuel Banet Fontenla ; Ramón Cabanillas ; Santiago Casares Quiroga ; Camilo José Cela ; Manuel Lugrís Freire ; Manuel Murguía ; Vicente Risco ; Ramón Otero Pedrayo ; Xaime Quintanilla ; Castelao ; Antón Villar Ponte ; Xohán Vicente Viqueira ; Antón Losada Diéguez ; Roberto Blanco Torres ; Lois Porteiro Garea ; Antonio Cánovas del Castillo ; Arturo Noguerol Buján ; Aurelio Ribalta ; Florencio Vaamonde ; Euxenio Charlón Arias ; Ramón Charlón Arias ;
(5/1977) [Caricatura de Antón Villar Ponte]. Teima. (22), 37.
Ver humor gráfico
Mencións: Antón Villar Ponte ;
(5/1977) [Fotografía de Antón Villar Ponte, Castelao, Portela Valladares e Leandro Pita, no bar das Cortes. Foto cedida por Teresa Villar Chao, sobriña de Antón Villar Ponte]. Teima. (22), 39.
Ver gráfico
Mencións: Castelao ; Antón Villar Ponte ; Manuel Portela Valladares ; Leandro Pita Romero ; Teresa Villar Chao ;
VILLAR PONTE, A. (5/1977) Hemeroteca : Verbas mortas. Teima. (22), 43.
Ver nota breve
Mencións: Alfredo Brañas ; José Luis Bugallal y Marchesi ; Raimundo Riestra Calderón ;
(5/1977) "Xornaleiro". Teima. (22), 43.
Ver nota breve
Mencións: Antón Villar Ponte ;
FREIXANES, V. (5/1977) Villar Ponte, xornalista. Teima. (22), 46-47.
Ver artigo
Mencións: Antón Villar Ponte ;
(5/1977) [Imaxe do especial de Sueiro adicado a Antón Villar Ponte]. Teima. (22), 47.
Ver narrativa
Mencións: Antón Villar Ponte ;
VILLARES, R. (5/1977) O marco histórico de Antón Villar Ponte. Teima. (22), 49-50.
Ver artigo
Mencións: Antón Villar Ponte ; Lois Peña Novo ; Jose Luis Garcia Delgado ; Aurelio Ribalta ; Juan Jacinto Muñoz Rengel ; Santiago Roldán ; Valeriano Villanueva ;
(5/1977) [Ilustración de Antón Villar Ponte]. Teima. (22), 49.
Ver ilustración
Mencións: Antón Villar Ponte ;
(5/1977) Villar Ponte : outra imaxe. Teima. (24), 28.
Ver nota breve
Mencións: Siro López ; Antón Villar Ponte ;
LóPEZ, S. (5/1977) [Ilustración de Antón Villar Ponte]. Teima. (24), 28.
Ver ilustración
Mencións: Antón Villar Ponte ;
FREIXANES, V. (5/1977) 17 de maio : As Letras Galegas : Politiza-la cultura. Teima. (24), 32.
Ver artigo
Mencións: Ramón Cabanillas ; Rosalía de Castro ; Xoán Manuel Pintos ; Antón Villar Ponte ;
FREIXANES, V. (6/1977) Así foi o día 17 : Pola normalización da lingua. Teima. (25), 30-31.
Ver artigo
Mencións: Xesús Alonso Montero ; Carlos Casares ; Enrique X. Macías ; Jesús Quiroga ; Guillermo Rojo ; Antón Santamarina ; Antón Villar Ponte ; Ramón Villares ; Luís Álvarez Pousa ; Francisco Domínguez ; Teresa Conde-Pumpido Tourón ; José Cerviño Cerviño ; Valentín Arias ; Miro Casabella ; Jose Luis Couceiro ; Bieito Ledo ; Maria Teresa “Queca” Merino ; Bibiano Morón ; Fernando Pereira ; Francisco Rodríguez ; Xerardo Rodríguez ; Alfonso Magariños ; Emilio Cao ; Carmen Santos Castroviejo ; Xosé Manoel Conde ; Jei Noguerol ; Rafael Chacón Calvar ; Francisco Carballo Carballo ; Ramón Búa Martiñán ; Antón Mallo ; Jesús Bahamonde ;
(6/1977) "O día" nas emisoras. Teima. (25), 31.
Ver nota breve
Mencións: Rosario Álvarez ; Xosé Ramón Barreiro Fernández ; Rosalía de Castro ; Xavier Costa Clavell ; Marino Dónega ; Francisco Fernández Rei ; Manuel María ; Xosé Fortes Bouzán ; Antonio Fraguas ; Federico García Lorca ; Fernando Madriñán ; Camilo Nogueira ; Antonio Noriega Varela ; Castelao ; Andrés Torres Queiruga ; Antón Villar Ponte ; Luís Álvarez Pousa ; Antón Tovar ; Manuel González ; Pedro Gómez Antón ; Jose Isorna ; Julio Francisco Ogando Vázquez ; Xavier Otero ; Luis Rivero De Aguilar ; Ánxel Vence Lois ; Domingo Fernández del Riego ; Marta García ; Adela García ; Pilar Fariña García ; César García ;
(6/1977) Pobo a pobo. Teima. (25), 33.
Ver artigo
Mencións: Xesús Alonso Montero ; Xosé Lois Bilbao ; Carlos Casares ; Enrique Chao Espina ; Manuel Cuña Novás ; Marino Dónega ; Ana Fernández ; Víctor F. Freixanes ; Manuel María ; Camilo Valdehorras ; Celso Emilio Ferreiro ; Salvador García-Bodaño ; Bernardino Graña ; Manuel Guede ; Margarita Ledo ; Siro López ; Camilo Nogueira ; Ramón Piñeiro ; Manuel Rivas ; Antón Santamarina ; Ramón de Valenzuela ; Antón Villar Ponte ; Luís Álvarez Pousa ; José Luis Pensado Tomé ; Pilar Vázquez Cuesta ; Manuel Sendón ; Fernando Cobo Gradín ; Juan J. Moralejo Álvarez ; Tucho Calvo ; Xosé Chao Rego ; José Luis Rodríguez ; Julio Francisco Ogando Vázquez ; Pablo Quintana ; Antón Seoane ; Xosé Quintas Canella ; Ánxel Vence Lois ; Xosé Manuel, "Lito" López Álvarez ; Antón Arias ; Ramón López Suevos ; Emilio, "Milucho" López Pérez ; José Paz Rodríguez ; Arturo Reguera ; Marta García ; María Cristina Baamonde ; Asunción Clara ; Clara Ogando Penela ; Emilio Picouto ; Blanca González ; Francisco Chacón ; Francisco Vizoso ; Manuel Fernández López ; Santiago Vidal López ; Xosé M. Martínez de Oca ; Manuel Guede Oliva ; María Luisa Fidalgo ; María Xosé Enríquez ;
FREIXANES, V. (6/1977) Libros. Teima. (26), 49.
Ver recensión
Mencións: Xosé Ramón Barreiro Fernández ; Plácido R. Castro ; Francisco Tettamancy ; Antón Villar Ponte ; Ramón Villar Ponte ; William Yeats ;
MARIñO, X. (6/1977) O remuíño. Teima. (26), 49.
Ver recensión
Mencións: Castelao ; Roberto Vidal Bolaño ; Antón Villar Ponte ; Manuel Lourenzo ; Luis Soto ; Carlos Valdeorras Valle ;
(7/1977) Vigo (do 1 ó 10 de xulio) : Terceira mostra de teatro galego. Teima. (30), 33.
Ver teatro
Mencións: Eduardo Blanco Amor ; Isaac Díaz Pardo ; Celso Emilio Ferreiro ; Valentín Lamas Carvajal Fray Marcos da Portela; Manuel Daniel Varela Buxán ; Antón Villar Ponte ; Antón Abreu Bastos ;
(7/1977) Non chegou o sonido das sirenas. Teima. (31), 10.
Ver artigo
Mencións: José Calvo Sotelo ; Francisco Franco ; Carlos Gardel ; Castelao ; Antón Villar Ponte ; Diego Martinez Barrio ; Enrique Cánovas Lacruz ; Ángel Fernández ; Magdalena Nile del Río Imperio Argentina; Ruperto Regueiro ; José Moreno ; Maggy Rouff ;
VILLAR PONTE, A. (7/1977) [Imaxe da cuberta do libro Pensamento e sementeira, de Antón Villar Ponte]. Teima. (32), 39.
Ver narrativa
Mencións:
MéNDEZ FERRíN, X. (7/1977) O nacionalismo cara ó futuro. Teima. (32), 43-45.
Ver reportaxe
Mencións: Alexandre Bóveda ; Bieito Cupeiro ; Francisco Franco ; Eduardo Pondal ; Lenin ; Ramón Lugrís ; Manuel Murguía ; Vicente Risco ; Karl Marx ; Xosé Neira Vilas ; Ramón Otero Pedrayo ; Ramón Piñeiro ; Moisés da Presa ; Castelao ; Antón Villar Ponte ; Xohán Vicente Viqueira ; Enrique Fuentes Quintana ; Francisco Rodríguez ; Ramón López Suevos ; Florentino L. Cuevillas ; Antón Moreda ;
(7/1977) [Ilustración de Antón Villar Ponte]. Teima. (32), 44.
Ver ilustración
Mencións: Antón Villar Ponte ;
FREIXANES, V. (7/1977) III Mostra de Teatro Galego en Vigo : Compre dar un paso adiante. Teima. (32), 30-31.
Ver teatro
Mencións: Eduardo Blanco Amor ; Osvaldo Dragún ; Francisco Franco ; Valentín Lamas Carvajal ; Manuel Daniel Varela Buxán ; Antón Villar Ponte ; José Manuel Blanco Gil ; José Fernando Dicenta ;
BARREIRO FERNáNDEZ, X. (7/1977) O galeguismo histórico (1840-1936). Teima. (32), 37-39.
Ver reportaxe
Mencións: Joaquín Arias Sanjurjo ; Juan Barcia Caballero ; Alexandre Bóveda ; Alfredo Brañas ; Ramón Cabanillas ; Salvador Cabeza de León ; Ricardo Carballo Calero ; Carlos VII de Francia ; Xosé Filgueira Valverde ; Antonio López Ferreiro ; Ramón Máiz Suárez ; Vicente Risco ; José Ortega y Gasset ; Ramón Otero Pedrayo ; Valentín Paz-Andrade ; Juan Manuel Paz Nóvoa ; Castelao ; Francisco Romero Blanco ; Antón Villar Ponte ; Xohán Vicente Viqueira ; Carlos Zubillaga ; Alejandrino Fernández Barreiro ; Antón Losada Diéguez ; Marcelo Macías y García ; Alberte Martínez López ; Lois Peña Novo ; Lois Porteiro Garea ; Esteban Quet y Puigvert ; Ramón Pérez Costales ; Manuel Lago González ; Eugenio Montero Ríos ; Alfonso Alfonso Bozzo ; Xan Moreno González ; Ramón Faginas ; Federico Gallardo ; Joaquín Díaz de Rábago ; Juan Vázquez de Mella y Fanjul ; Ramón Bernárdez ; Olimpio Pérez Rodríguez ; Pedro Pais Lapido ; Bernardo Santaló ; Urbano Anido ; Gabino, conde de Bugallal y Araujo ; José Antonio Parga Sanjurjo ; Evaristo Martelo Paumán ;
LóPEZ, S. (7/1977) [Caricatura de Antón Villar Ponte]. Teima. (32), 37.
Ver humor gráfico
Mencións: Antón Villar Ponte ;
MARIñO, X. (7/1977) Teatro : Os textos. Teima. (33), 32.
Ver teatro
Mencións: María Xosé Queizán ; Antón Villar Ponte ; José Fernando Dicenta ;
CASTRO, X. (8/1977) Picaraña : libros. Teima. (35), 32-33.
Ver recensión
Mencións: Basilio Álvarez ; Joaquín Costa ; Manuel Curros Enríquez ; Eduardo Pondal ; Antón Villar Ponte ; Manuel Portela Valladares ; Eugenio López Aydillo ; Jose Antonio Durán ; Jose Antonio Primo de Rivera ; Vicente Domínguez ; José Canalejas ; Enrique Peinador Lines ; Luis Antón del Olmet ; Eloy Páramo Díaz ; Dante Alighieri ;
MOSKOWICH, R. (9/1983) Galicia. Airiños. 1ª (50º aniversario), 47-49.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Luís Amado Carballo ; Francisco Añón ; Ramón Cabanillas ; Rosalía de Castro ; Manuel Curros Enríquez ; Eduardo Pondal ; Valentín Lamas Carvajal ; Manuel Leiras Pulpeiro ; Gonzalo López Abente ; Florentino López Cuevillas ; Antonio López Ferreiro ; Vicente Risco ; Antonio Noriega Varela ; Xoán Manuel Pintos ; Castelao ; Marcial Valladares ; Antón Villar Ponte ; Xohán Vicente Viqueira ; Manuel Lago González ; Manoel-Antonio ;