
Irmandades da Fala
Co gallo da presentación dos volumes As Irmandades da Fala no seu tempo : perspectivas cruzadas e The First World War and the Nationality Question in Europe Global Impact and Local Dynamics, que reúnen as contribucións aos tres congresos organizados polo CCG sobre as Irmandades da Fala, reunimos nun especial os contidos máis relevantes do noso web ao redor da organización e os seus membros.As Irmandades da fala foron organizacións decisivas para comprender as reivindicacións políticas e culturais de Galicia nas primeiras décadas do século XX.
Os obxectos: A bandeira das Irmandades
Na exposición Galicia 100 amosamos a única bandeira conservada das Irmandades. Está datada en 1918 e consérvase no Museo das Mariñas de Betanzos.Figuras máis destacadas
O Álbum de Galicia acolle un conxunto de biografías dalgúns dos membros máis destacados das Irmandades da Fala.
Ramón Villar Ponte
Viveiro (Lugo), 1890 - A Coruña, 1953 Autoria: Emilio Xosé Insua López
Antón Villar Ponte
Viveiro (Lugo), 1881 - A Coruña, 1936 Autoria: Emilio Xosé Insua López
Roberto Blanco Torres
Cuntis (Pontevedra), 1891 - Entrimo (Ourense), 1936 Autoria: Juan Luís Blanco
Ramón Fernández Mato
Cespón (Boiro, A Coruña), 1889 - Vilagarcía de Arousa, 1980 Autoria: Prudencio Viveiro
Victoriano Taibo
Santiago de Compostela, 1885 - Vigo, 1966 Autoria: Miguel Anxo Mouriño
Xaime Quintanilla
A Coruña, Galicia, 1898 - Ferrol, A Coruña, Galicia, 1936 Autoria: Ana Romero Masiá
Ánxel Casal
A Coruña, 1895 - Teo, A Coruña, Galicia, 1936 Autoria: Alfonso Mato
Leandro Carré Alvarellos
A Coruña, 1888 - A Coruña, 1976 Autoria: Xosé Manuel Maceira
Antón Losada Diéguez
Moldes (Boborás, Ourense), 1884 - Pontevedra, 1929 Autoria: Francisco Fernández Rei
Manuel Antonio
Rianxo, A Coruña, Galicia, 1900 - Rianxo, A Coruña, Galicia, 1930 Autoria: Xosé Ramón Pena
Gonzalo López Abente
Muxia, 1878 - , 1963 Autoria: Miro Villar
Vicente Risco
Ourense, 1884 - Ourense, 1963 Autoria: Xusto G. Beramendi
Evaristo Correa Calderón
Neira de Xusá, 1899 - Trives, 1986 Autoria: Xulio Pardo de Neyra
Lois Porteiro Garea
Lugo, 1889 - Frades, 1918 Autoria: Xusto G. Beramendi
Manuel Banet Fontenla
A Coruña, España, 1871 - A Coruña, España, 1962 Autoria: Xusto G. Beramendi
Ramón Cabanillas
Cambados, Pontevedra, 1876 - Cambados, Pontevedra, 1959 Autoria: Francisco Fernández ReiAs publicacións
Dúas publicacións pechan este ciclo de difusión, investigación e reflexión ao redor do papel das Irmandades da Fala na Galicia de principios do século XX.Por unha banda, As Irmandades da Fala no seu tempo : perspectivas cruzadas, editada polo CCG, explica e contextualiza as Irmandades desde unha perspectiva que nunca se abordara: a comparada. A publicación está en libre descarga.
E pola outra, presentamos o volume en inglés The First World War and the Nationality Question in Europe Global Impact and Local Dynamics, editado pola prestixiosa editorial Brill, e que permite trasladar este coñecemento ao público internacional.

The First World War and the Nationality Question in Europe Global Impact and Local Dynamics
Xosé M. Núñez Seixas. Edición 2021