Material
Irmandades da Fala
«Cristalizaciós. Os agricultores hespañoles contra dos galegos», artigo de A. Villar Ponte
Detalle
“Velaí tendes outra vez que os agricultores da Hespaña (según dixeron os xornás) xuntáronse en asambrea pra pidiren ó Goberno que prohiba a importación do millo.Outra vez os agricultores da Hespaña contra dos agricultores da Galiza. Outra vez probado que Galiza c´o autual Estado hespañol nunca deixará de ser unha colonia asoballada e escrava espritoal e materialmente. Outra vez probado que tódol-os probremas galegos arrincan d´un probrema nazonalista e que somentes pol-o nazonalismo han poder resolvérense. Outra vez probado que os nosos probremas teñen que ser estudiados en galego e resoltos en galego e que nunca poseerán forza, capacidade e autoridade para os resolveren aqueles que pensen tanto coma nas cousas da sua terra no seu trunfo en Madrí. E eisí son a maoría dos escritores e políticos galegos que se chaman galeguistas e rexionalistas.
Galiza para xurdir á vida próspera e libre ten que se ollar longamente e fondamente a sí mesma: pensar a cotío no que foi, no que é, no que pode ser ainda e no que poido ser antano de non ter entrado na unidade hespañola.
Galiza si quere deixar de vivir eternamente no atraso e no esmorecimento coma unha colonia esprotada, asoballada e despreciada percisa valorar primeiramente, con toda urxencia, as suas posibilidás de progreso espritoal e material, por comparanza co´as realidades d´outras terras.
Os probremas galegos son básicamente ruraes. Rural é a maoría da nosa poboación. Galicia, pois, libre (por unha autonomía plena, ou como sexa) disfrutando de tódol-os beneficios que pode abranguer pol-o xeito librecambista da sua natureza, rexíndose a sí mesma, c´un Goberno verde que eisí se lles nomea agora ós Gobernos agrarios (e estes Gobernos privan hoxe no oriente de Europa, agás en Rusia por mor do bolchevismo) axiña ergueríase a mais outura que as mais terras da Penínsua e axiña ollaría perto das suas fronteiras comarcas que sintirían cobiza por se xuntaren a ela tremelando no ar a bandeira irredentista. Por comenencia económica inda que mais non fose.
Decatádevos, pois, do moito que pode conquerir unha Galiza galega, que equival a decire libre; xa que si non é toda galega, non logrará nunca ser toda libre ou soberana dos seus destinos.
Lembraba Vicente Risco fai pouco n-un dos seus artigos apostólicos, o feito histórico de que pol-o rusticismo conquerira a inmensa forza de que disfroitou a Roma republicana. Pois pol-o rusticismo (que é o seu elemento esencial) pode xurdir grande e punxente a República galega. O denominador común da política da nosa terra ten que ser sempre agrario, ou non progresaremos miga. E sendo agrarios, verdes, os nosos gobernos propios, as vilas non chucharán ó campo, como zumezugas, asegún o fan hoxe, obrigando ós campesinos a emigraren pr´as Américas ou a se iren pr´as vilas con grave perxuicio da Raza e da economía autóctona.
Meditade ben estas cousas e decídeme logo si os agricultores galegos poden ter hoxe solidaridá c´os agricultores hespañoles e con ninguén da Hespaña. Queren aqueles que se prohiba a importación do millo; queren que veñan carnes e gandos do estranxeiro e ainda queren tamén que a probe Galiza lles consuma á forza os seus productos caros e pague a outo prezo o direito a comer pan...”


