«O que temos que pedir no Día de Galicia e no Día da Universidade», artigo de A. Villar Ponte / Texto./ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Irmandades da Fala

Material

Irmandades da Fala

«O que temos que pedir no Día de Galicia e no Día da Universidade», artigo de A. Villar Ponte

Detalle
“Coido que tódol-os anos no Día de Galicia teríamos nós, como fan os socialistas, que elevar ó Goberno central as conclusións do programa mínimo que se pode tirar do noso idearium. E as de este ano quizabes deberían ser éstas:
1º Como base para o recoñecemento da persoalidade galega criación d´unha mancomunidade rexional.
2º Establecimento d´unha cátedra de Lingua, Literatura e Historia galegas, outra de problemas económicos e outra de temas portugueses, base d´un intercambio co´a República veciña, na Universidade de Santiago.
3º Establecimento de cátedras de Lingua, Literatura, Historia e Xeografía galegas nas Escolas Normaes da nosa terra.
4º Axeitamento das escolas da aldeia ás realidades da vida rural, onde labrega, onde mariñeira.
5º Restablecimento d´as Escolas de Peritaxe Agrícola, de Veterinaria e Náutica.
6º Que os mestres ou escolantes de Galicia sexan galegos e de o non seren que pol-o menos teñan cursádol-os seus estudos nas nosas Normaes.
7º Que poidan cursarse os estudos de doutorado na Universidade de Santiago, sendo obrigatoria a tesis sobre problemas galegos.
8º Que xueces, maxistrados e notarios sexan galegos, ou de o non seren, que teñan cursádol-os seus estudos de Direito na Universidade compostelana.

Esto no respective ó orde cultural. No senso económico:

a. Disminución d´impostos no campo e implantación de leis que leven a pór a terra nas máns dos que a traballan, cos corolarios que se deriven d´esto.
b. Organización axeitada do creto rural, para desbotar a usura caciquil.
c c. Solución definitiva do preito do millo e dos forraxes para o gando e proteición resolta da gandería e da pesa e das industrias derivadas das mesmas.
ci d. Fomento intensivo da repoboación forestal.
cii e. Continuación dos traballos dos ferrocarrís Coruña-Santiago-Ourense-Zamora e Ferrol-Gijón con verdadeira actividade e construción do camiño de ferro de Lugo a Vilafranca, sin esquencer a laboura pol-a maior rapidez nos viaxes de Galicia a Cataluña, nin o Central galego.

E no senso político:

1º Restablecemento da plena normalidade constitucional.
2º Establecimento do sistema de repersentación proporcional para as eleicións, trocando nas de diputados a Cortes os actuais distritos en grandes circunscricións, c´o complemento en todos do voto segredo e obrigatorio e as mais cousas percisas para evitaren o coacionismo caciquil.

Penso en que ningún bó galego atopará excesivo nin utópico este programa mínimo de conclusións que somente depende da nosa vontade que se poida realizar axiña. Aos galeguistas, meus irmáns, e aos antigos alunos da Universidade de Santiago, bríndoo na data de hoxe, co corazón na mán.”
Descrición
Publicado en El Pueblo Gallego, Vigo, nº 1.971, 25 de xullo de 1930
Metadatos
  • autoría:
  • edición para web:
  • Data: 25/07/1930
  • Tipo de material: Texto.
  • Medidas: 439 palabras
  • Ficha descriptiva:
    Transcrición de texto reproducido orixinalmente en medio impreso