Carta de Delgado Gurriarán a Paz Andrade. 1967 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Delgado Gurriarán a Paz Andrade. 1967

Valentín Paz-Andrade (Destinatario/a) · Florencio Delgado Gurriarán (Remitente)
00/12/1967
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
Guadalaxara, Nova Galiza, Nadal do 1967



Imaxes «Da Terra Asolagada»

Espellos de auga nos vales,
Ondas de arume nos tesos:
Ni-o madrigal das cerdeiras,
Nin a dôr dos castiñeiros,
Nin druídicos carballos,
Nin apolíneos loureiros,
Nin searos verdecentes,
Nin dionisiacos bacelos…
A mitade asolagada
E a mitade con piñeiros…
¡na Galiza de arastora
xa non caben os galegos!
……..
Onte, as augas brincadeiras
Dos rigueiriños brasiegos,
Bailaban a muiñeira
Pr’á lediza dos penedos.
Hoxe, danzou a go-go
En turreiros de cemento
E van por irtos aramios,
A darlle forza aos alleos.




Ledo Nadal e Benditoso Aninovo.
Deséxavos, en nome da miña familia e propio



Florencio Delgado Gurriarán
Tipo de material
epístola
Data
00/12/1967
Medidas
3 páxinas
Localizacións
orixe: Guadalajara [nac. México]
Ficha descritiva
[Tarxeta postal:]
Localización física
Arquivo Familiar Paz Andrade