Carta de Paz Andrade a Filgueira Valverde. 1974 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Paz Andrade a Filgueira Valverde. 1974

Xosé Filgueira Valverde (Destinatario/a) · Castelao (Mencionado/a) · Valentín Paz-Andrade (Remitente)
07/11/1974
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
[Vigo] 7 nov. 1974


Sr. Don Xosé F. Filgueira Valverde
Director do Museo de Pontevedra
Pontevedra

Querido José Fernando:

Póñome a che mandar estas liñas matinando en que Castelao, botando os ollos por riba do meu lombo, estame a mirar o que escribo. E estase a rir, con aqueles ollos decote veados na terra que o furaban todo. Aínda aquelo que os demais ao mellor nin viamos.
Van as nove estampas pubricadas en Galicia, o xornal que eu dirixín e do que Alfonso foi pouco menos que a i-alma. Coido que son as únicas da serie de «As Mulleres», que escomenzara a promediar co a dos «Homes», cuios orixinales lle entreguei pra facer a primeira impresión en libro e que non tornaron ao meu poder.
Coido que «As Mulleres», n-este caso, non se fan de menos ao lado dos «Homes». Cando trazóu estes rascuños de mestre riscaba sin dubida nas suas mellores horas de dibuxante, tanto da figura como da comedia human. Como non quixeche que enmarcara por miña conta os dibuxos, ti farás n-este orde o que mellor atines, que para iso eres o Director da Casa.
Perdóame a demora, pol-as moitas tarefas que me envolven e recibe a máis cordial aperta de teu sempre amigo incondicioal,


[Valentín Paz-Andrade]
Tipo de material
epístola
Data
07/11/1974
Medidas
1 páxina
Publicacións
Entidades
Mención: Museo de Pontevedra
Localizacións
orixe: Vigo
destino: Pontevedra
Etiquetas
Ficha descritiva
[Carta mecanografada ]
Localización física
Arquivo familiar Paz Andrade