Carta de García Sabell a Seoane. 1953 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de García Sabell a Seoane. 1953

Luís Seoane (Destinatario/a) · Arturo Cuadrado (Mencionado/a) · Domingo García-Sabell (Remitente)
08/06/1953
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
8-VI-1953
Sr. D. Luis Seoane
BUENOS AIRES

Querido Luis:

Por fin vai chegar o día en que poda darte unha aperta. Xa era tempo. Acetei a xenerosa invitazón do Centro Gallego e alá para o dezanove do mes de Sant-Yago coido estar ahí.

¡Canto temos de falare e cantas cousas fondas, tristes ou ledas, imos revivire!

O teu Fardel é unha pura gota diamantina de arte enteiro. Hai n-ela forza, lirismo i-esperencia humán tremecente.

Deica logo. De todos os meus amigos tiña que sere a ti a quen eu escribira pirmeiro. É o agarimo e a lembranza prodixiosa da mocedá nosa que se quedou po-los recantos das rúas composteláns.

Unha aperta forte de

Domingo

[Escrito a man]
Saúdos a Cuadrado
Tipo de material
epístola
Data
08/06/1953
Medidas
Entidades
Mención: Centro Galego. Bos Aires
Localizacións
orixe: Nova York
orixe: Xelmírez, 15
destino: Bos Aires
Ficha descritiva
[Carta mecanografada con firma autógrafa e membrete:] DR. DOMINGO GARCÍA-SABELL/GELMÍREZ, 15/TELÉFONO 1330/SANTIAGO
Localización física
Fundación Luis Seoane