Como construír ADN sintético e envialo a través de Internet | Vídeo. Remoto. Youtube, TED | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube, TED

Como construír ADN sintético e envialo a través de Internet

Dan Gibson (autoría)

Descrición

Vídeo de TED (15´ 08´´) no que o biólogo e enxeñeiro Dan Gibson nos explica en que consiste a tecnoloxía das células artificiais e o “teletransporte biolóxico”. Esta charla axudarache a entender como pode construírse ADN sintético e enviar esta información dixital de xeito rápido por Internet para  convertela en material biolóxico, como proteínas e vacinas. Trátase dunha revolución tecnolóxica que permitirá no futuro loitar con maior eficacia ante un brote epidémico ou mesmo imprimir medicamentos personalizados para cada paciente no seu propio fogar.

Tradución de Noel Iglesias.

Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube, TED
Etiquetas
Notas
Fonte: TED