Como editar o ADN con CRISPR | Vídeo. Remoto. Youtube, TED | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube, TED

Como editar o ADN con CRISPR

Jennifer Doudna (autoría)

Descrición

Vídeo de TED (15´ 53´´) no que a xenetista Jennifer Doudna nos fala dunha nova tecnoloxía para a edición dos xenomas, chamada CRISPR-Cas 9, da que ela é co-inventora. Trátase dunha tecnoloxía que permite facer cambios no ADN celular e, polo tanto, podería usarse para curar enfermidades xenéticas e tamén para modificar xenes en embrións humanos. Esta charla axudarache a entender o funcionamento da tecnoloxía CRISPR e tamén os debates éticos que suscita.

Tradución de Antía Fernández.

Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube, TED
Etiquetas
Notas
Fonte: TED