Bordos diverxentes e transformantes. Dorsais oceánicas e fallas transformantes | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Bordos diverxentes e transformantes. Dorsais oceánicas e fallas transformantes

Adela Otero (autoría) · Xacobo de Toro (autoría)

Descrición

Vídeo (7´ 39´´) no que se explican as características dos bordos diverxentes ou construtivos (límites entre dúas placas tectónicas contiguas que se separan), así como doutros conceptos asociados con este tipo de bordos: as dorsais oceánicas (relevo submarino formado polo desprazamento das placas), o rift (cavidade que se xera no interior dunha dorsal) e as fallas transformantes (zonas de fractura que cortan perpendicularmente as dorsais).

Material elaborado por Adela Otero e Xacobo de Toro, profesores de secundaria de bioloxía e xeoloxía, no marco do proxecto XeoClip.

Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Etiquetas
Notas
Fonte: Youtube