Tectónica de placas global. Ideas xerais | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Tectónica de placas global. Ideas xerais

Adela Otero (autoría) · Xacobo de Toro (autoría)

Descrición

Vídeo (6´ 27´´) no que se expoñen as principais ideas nas que se fundamenta a teoría da tectónica de placas global. Estas ideas son as seguintes: a litosfera está dividida en fragmentos ríxidos chamados placas tectónicas; as placas móvense, cambian e interactúan; os bordos destas placas teñen unha actividade xeolóxica moi intensa; a antigüidade dos fondos oceánicos é inferior aos 180 millóns de anos (nos continentes existen rochas de ata 4.000 millóns de anos) debido á formación de nova litosfera nas dorsais e a súa destrución nas zonas de subdución; a enerxía interna terrestre é o motor do movemento das placas.

Material elaborado por Adela Otero e Xacobo de Toro, profesores de secundaria de bioloxía e xeoloxía, no marco do proxecto XeoClip.

Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Etiquetas
Notas
Fonte: Youtube