Como modela a lingua a nosa forma de pensar | Vídeo. Remoto. Youtube, TED | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube, TED

Como modela a lingua a nosa forma de pensar

Lera Boroditsky (autoría)

Descrición

Vídeo de TED (14´ 13´´) no que a científica cognitiva Lera Boroditsky cóntanos que cada unha das 7.000 linguas faladas no mundo representa un universo cognitivo diferente e reivindica a importancia desta diversidade lingüística. Empregando diferentes exemplos explícanos que a lingua que falamos condiciona o xeito en que ordenamos o tempo e o espazo, a forma de percibir o mundo visual ou a posibilidade de introducirnos no campo cognitivo das matemáticas (dependendo de se existen “palabras número” que nos permitan contar).
Tradución ao galego de Carme Paz.

Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube, TED
Ficha descritiva
Notas
Fonte: TED