A construción da mente consciente a través da lingua
A charla tivo lugar en 2015 no marco do "LGx15. Ideas para o futuro da lingua", iniciativa que promove anualmente a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua.
A normalización lingüística
Como modela a lingua a nosa forma de pensar
Vídeo de TED (14´ 13´´) no que a científica cognitiva Lera Boroditsky cóntanos que cada unha das 7.000 linguas faladas no mundo representa un universo cognitivo diferente e reivindica a importancia desta diversidade lingüística. Empregando diferentes exemplos explícanos que a lingua que falamos condiciona o xeito en que ordenamos o tempo e o espazo, a forma de percibir o mundo visual ou a posibilidade de introducirnos no campo cognitivo das matemáticas (dependendo de se existen “palabras número” que nos permitan contar).
Tradución ao galego de Carme Paz.
Como salvar unha lingua da extinción
Tradución ao galego de Lucía Campillo Rey.
Falarlle ao corazón
Vídeo (11' 55'') de Marleen Laschet en TEDxTrondheim, que fala das vantaxes de falarlle á xente na súa lingua propia ("Cando se lle fala a unha persoa nun idioma que entende, a mensaxe chegaralle á cabeza; cando se lle fala no seu propio idioma a mensaxe chégalle ao corazón", por dicilo con palabras de Nelson Mandela). E destaca, cun exemplo propio (unha historia dunha ra salvoulle o día), a utilidade de aprender algúns rudimentos mínimos de moitas linguas.
Tradución ao galego de Patricia Álvarez.
Os nomes da terra. O Monte Pindo
Esta peza, elaborada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega e presentada por Fran Cañotas, pertence á serie Os nomes da terra, deseñada co obxectivo de divulgar o noso rico legado toponímico.
Que fai a unha lingua... unha lingua?
Tradución ao galego de Raquel Villar Pérez.


