Estrutura interna da Terra. Modelos químico e xeofísico | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Estrutura interna da Terra. Modelos químico e xeofísico

Adela Otero (autoría) · Xacobo de Toro (autoría)
Descrición

Vídeo (7´ 31´´) de carácter didáctico sobre os dous modelos da estrutura interna da Terra propostos actualmente polos xeólogos: o modelo químico e o xeofísico. O modelo químico divide a Terra en tres capas (codia, manto e núcleo) segundo a súa composición química. Pola súa parte, o modelo xeofísico permite establecer cinco capas do interior terrestre de diferentes densidades e graos de rixidez (litosfera, manto superior, manto inferior, núcleo externo e núcleo interno). Material elaborado por Adela Otero e Xacobo de Toro, profesores de secundaria de bioloxía e xeoloxía, no marco do proxecto XeoClip.

Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
7 minutos e 31 segundos
Etiquetas
Notas
Fonte: Youtube