O motor das placas: as correntes de convección no manto | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

O motor das placas: as correntes de convección no manto

Adela Otero (autoría) · Xacobo de Toro (autoría)

Descrición

Vídeo (6´ 41´´) no que se explica que as correntes de convección son o motor que provoca os cambios da superficie terrestre, movendo continentes e abrindo océanos. Estas correntes, que afectan a todo o manto, teñen a súa orixe nas diferenzas de temperatura do interior terrestre. A partir dun recipiente con auga e diferentes fontes de calor, faise unha simulación de como se orixinarían estas correntes.

Material creado por Adela Otero e Xacobo de Toro, profesores de secundaria de bioloxía e xeoloxía, no marco do proxecto XeoClip.

Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Etiquetas
Notas
Fonte: Youtube