A arquitectura do gando, o pan e o viño | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

A arquitectura do gando, o pan e o viño

Descrición

Reportaxe (22´ 34´´), con guión de Pedro de Llano, onde se explican os usos e características arquitectónicas de diferentes construcións vinculadas á economía agrícola e gandeira, como poden ser as casas vivenda, as cortes, os fornos, os hórreos, os muíños ou as adegas. Trátase do terceiro capítulo dunha serie de cinco vídeos sobre a arquitectura popular en Galicia deseñados para o alumnado de educación secundaria no marco do Proxecto Terra, que promove o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
22 minutos e 34 segundos
Entidades
Creación: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Notas
Fonte: Youtube